Saltar ao contido

Luís Antônio Corrêa da Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuís Antônio Corrêa da Costa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Campo Grande, Mato Grosso do Sur, Brasil Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, xornalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor en Wikidata - 2004 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1984–1987 São Paulo Futebol Clube 60(25)
1988–1991 Torino FC 65(24)
1991–1994 São Paulo Futebol Clube 41(13)
1994–1995 Kashiwa Reysol 24(8)
1995–1996 SE Palmeiras 20(8)
1996–1996 São Paulo Futebol Clube 20(11)
1997–1997 AC Perugia Calcio 6(0)
1997–1998 Santos Futebol Clube 27(10)
1998–2000 Cruzeiro Esporte Clube 43(9)
2001–2001 Sport Club Corinthians Paulista 6(1)
2001–2002 Associação Desportiva São Caetano 16(4)
2003–2003 Tupi Football Club 0(0)
2003–2004 Associação Portuguesa de Desportos 7(1)
2004–2004 Ipatinga Futebol Clube 0(0)
2015–2015 Fernandópolis Futebol Clube 1(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1985–1985   Brasil sub-20
1986–1998   Brasil 56(12)
Participou en
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994
1990Mundial de Fútbol Italia 1990
1986Mundial de Fútbol México 1986 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 63524 UEFA: 100796 Editar o valor en Wikidata

Luís Antônio Corrêa da Costa, máis coñecido como Müller, nado en Campo Grande o 31 de xaneiro de 1966 ) é un exfutbolista brasileiro que xogaba como dianteiro. Quinto máximo goleador da historia do São Paulo, gañou con este club numerosos títulos, entre eles dúas Copas Libertadores e dúas Copas Intercontinentais. Foi internacional coa selección brasileira, coa que se proclamou campión do mundo no Mundial de 1994.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Desenvolveu a maior parte da súa carreira en clubs do seu país e destacou especialmente no São Paulo, no que xogou en tres etapas diferentes e do que é o quinto máximo goleador histórico con 158 goles. Debutou co club paulista en 1984 e conquistou con el catro Campionatos Paulistas, dous Campionatos Brasileiros, dúas Copas Libertadores, unha Supercopa Suramericana e dúas Copas Intercontinentais. En 1987 foi o máximo goleador do Campionato Brasileiro, con 10 tantos.

En 1993 marcou un gol na final da Libertadores diante do Universidad Católica de Chile e foi o autor do gol da vitoria na Copa Intercontinental ante o Milan de Fabio Capello, marcando de costas o terceiro e definitivo tanto (2-3). En 1994 volveu acadar a final da Copa Libertadores e marcou o único gol do seu equipo, que acabou perdendo o título na quenda de penaltis.

En 1996 formou parte do histórico equipo do Palmeiras que bateu varios récords no fútbol paulista. O equipo, dirixido por Vanderlei Luxemburgo e con xogadores como Cafu, Flávio Conceição, Djalminha, Luizão e Rivaldo, comezou a tempada marcando 13 goles nos dous primeiros partidos do Campionato Paulista, un preludio do que sería a tempada. O conxunto verde completou un campionato para a historia, rematando en primeira posición con 83 puntos (récord aínda non superado), 28 máis que o segundo clasificado, o São Paulo. Marcaron a cifra récord de 102 goles en 30 partidos, 15 deles obra de Müller.[1]

Tamén xogou en Italia, nas filas do Torino e do Perugia, e no Xapón, vestindo a camiseta do Kashiwa Reysol, ademais de pasar por varios equipos brasileiros máis como o Santos, o Cruzeiro e o Corinthians. Retirouse do fútbol profesional en 2004.[2]

Selección brasileira

[editar | editar a fonte]

Foi 56 veces internacional coa selección brasileira, coa que marcou 12 goles. Debutou en marzo de 1986, nun amigable contra Alemaña Occidental. Continuou participando nos seguintes amigables do equipo e marcou o seu primeiro gol coa selección nunha vitoria por 3-0 diante da RDA. Foi convocado polo seleccionador Telê Santana para o Mundial de 1986 en México, no que foi participou en tódolos encontros do equipo suramericano, caendo na quenda de penaltis dos cuartos de final ante Francia.[3][4]

Ao ano seguinte participou coa canarinha na Copa América, sen conseguir pasar da primeira fase. Non acudiu á Copa América de 1989, pero volveu á selección no Mundial de 1990 en Italia. Marcou dous goles no torneo mundial, ambos na primeira fase, nas vitorias pola mínima diante de Costa Rica e Escocia. Formou na dianteira titular xunto a Careca e Valdo nos oitavos de final contra a Arxentina, caendo eliminados tras un solitario gol de Caniggia.[5]

Perdeu protagonismo na selección tralo Mundial e non participou na Copa América de 1991, pero foi convocado de novo por Carlos Alberto Parreira para a Copa América de 1993, na que foi titular en tódolos partidos. Marcou dous goles, pero o seu equipo foi eliminado nos cuartos de final a mans da Arxentina nunha quenda de penaltis.

Foi convocado tamén para o Mundial de 1994 nos Estados Unidos, na que foi a súa terceira Copa do Mundo. Relegado á suplencia por detrás de Bebeto e Romário, disputou só uns minutos na vitoria por 3-0 da primeira fase contra o Camerún. Viu dende o banco o resto do torneo, no que o seu equipo se proclamou campión do mundo tras derrotar na final a Italia.

Disputou o seu último partido internacional en setembro de 1998 contra Iugoslavia.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O seu irmán Cocada tamén foi futbolista e xogou entre outros no Flamengo, o Vasco da Gama ou o Fluminense.[6]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

São Paulo

Torino

Palmeiras

Cruzeiro

Corinthians

Selección sub-20 do Brasil

Selección do Brasil

Individual

  1. "El gran Palmeiras de los 90" (en castelán). 7 de abril de 2018. Consultado o 9 de novembro de 2022. 
  2. "Campeão mundial, ex-jogador Muller mora de favor e vive dificuldade financeira" (en portugués). 14 de maio de 2011. Consultado o 9 de novembro de 2022. 
  3. "Brasil 1-1 Francia 1986". FIFA (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2022. 
  4. "France edge Brazil in World Cup 1986 quarter-final – as it happened". The Guardian (en inglés). 28 de abril de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2022. 
  5. "Brasil no Mundial de 1990". FIFA (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2022. 
  6. Micheletti, Rogério. "Cocada" (en portugués). Consultado o 9 de novembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]