Manuel Doménech Pinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Doménech
Información persoal
Nome Manuel Doménech Pinto
Nacemento 4 de decembro de 1925
Lugar de nacemento Castelló de la Plana
Falecemento 15 de decembro de 2005
Altura 1,74 m.
Posición dianteiro, dianteira
Carreira xuvenil
Castellón
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1942–1946 Castellón 58 (13)
1946–1958 Sevilla 231 (69)
1958–1959 Racing de Santander 16 (4)
1959–1961 Castellón 5 (1)
Selección nacional
1955 España 3 (0)
Adestrador
1967–1968 Jaén
1968 Jerez Industrial
1969 Recreativo de Huelva
1971–1972 AD Ceuta
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Manuel Doménech Pinto, nado en Castelló de la Plana o 4 de decembro de 1925 e finado en Sevilla o 15 de decembro de 2005, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro e militou durante a maior parte da súa carreira no Sevilla.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Castellón, debutando co primeiro equipo na Primeira División en 1942, con só 17 anos.

En 1946 fichou polo Sevilla, club co que debutou no estadio de Riazor, na primeira edición do Trofeo Teresa Herrera ante o Athletic de Bilbao, marcando o terceiro e decisivo gol do seu equipo, que se fixo co título.[1] Militou no club andaluz durante as seguintes 12 tempadas, disputando un total de 264 partidos oficiais e marcando 77 goles. En 1948 proclamouse campión da Copa do Xeneralísimo, despois de derrotar na final de Chamartín ao Celta de Vigo.[2] Ademais foi subcampión de liga na tempada 1950/51 e de Copa en 1955.[3]

En 1958 foi traspasado ao Racing de Santander, onde xogou unha tempada antes de regresar ao Castellón, onde rematou a súa carreira en 1961.[4]

Selección española[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española en tres partidos amigables. O primeiro deles foi o 19 de xuño de 1955 ante Suíza, partido disputado en Xenebra que rematou cun 0-3 para os españois. Ese mesmo ano xogou tamén contra Irlanda en Dublín e contra Inglaterra en Wembley.[5]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Sevilla

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Sevilla, obtiene el "Trofeo Teresa Herrera" al vencer al Bilbao por 3 goles a 2". La Noche (en castelán) (7920). 1 de xullo de 1946. p. 4. Consultado o 27 de abril de 2022. 
  2. "El exhausto Celta pierde honrosamente en la final". El Pueblo Gallego (en castelán) (7802). 6 de xullo de 1948. p. 3. Consultado o 27 de abril de 2022. 
  3. "En la final de la Copa del Generalísimo, disputada el domingo en Madrid, el Atlético de Bilbao venció al Sevilla por un gol a cero". El Correo Gallego (en castelán) (25405). 7 de xuño de 1955. p. 7. Consultado o 27 de abril de 2022. 
  4. "El diez con el pañuelo en la cintura" (en castelán). 14 de xaneiro de 2010. Consultado o 26 de abril de 2022. 
  5. Ficha en Fútbol en Red

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]