Rui Pedro Silva Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rui Costa
Información persoal
Nome Rui Pedro Silva Costa
Nacemento 20 de febreiro de 1996 (28 anos)
Lugar de nacemento Vila Nova de Famalicão
Altura 1,79 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Farense
Número 19
Carreira xuvenil
2005–2013 FC Famalicão
2013–2014 Vitória de Guimarães
2014–2015 Varzim
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2015–2016 Varzim B 43 (8)
2016–2017 Varzim 41 (14)
2017–2018 Portimonense SC 1 (0)
2017–2018Famalicão (cedido) 17 (10)
2018–2020 Porto B 20 (3)
2019–2020Alcorcón (cedido) 22 (3)
2020–2021 Deportivo da Coruña 7 (0)
2021–2022 Santa Clara 49 (9)
2022– Farense 38 (12)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 4 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Rui Pedro Silva Costa, nado en Vila Nova de Famalicão, Portugal, o 20 de febreiro de 1996, coñecido futbolisticamente como Rui Costa, é un futbolista portugués que xoga de dianteiro no Farense da Primeira Liga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do FC Famalicão, do Vitória de Guimarães e do Varzim Sport Club. Debutou como profesional nas filas do Varzim Sport Club, na segunda división portuguesa, onde marcou 14 goles en 41 partidos.

O seu bo nivel chamou a atención do Portimonense, da máxima categoría, que o fichou e cedeu ao Famalicão, tamén de segunda. Alí seguiu cos bos rexistros (12 goles en 19 partidos) durante a primeira volta e o Portimonense decidiu repescalo no mercado de inverno da tempada 2017-18, cando deu o salto á Primeira Liga. Alí, con todo, apenas tivo oportunidades e só xogou 15 minutos nun partido contra o Moreirense.[1]

En 2018 fichou por tres tempadas co FC Porto, que o incorporou ao seu filial, en segunda. Cos "dragóns", con todo, non acadou o seu mellor nivel, xogando só 20 partidos nos que anotou tres goles durante a tempada 2018/19.

En xullo de 2019, o xogador chegou ao AD Alcorcón cedido polo Porto B para xogar na Segunda División durante a tempada 2019/20.[2] En setembro de 2020 desvinculouse do Alcorcón e asinou por dous anos co Deportivo da Coruña da Segunda División B. Con todo, chegou ao equipo fóra de forma física e o 1 de febreiro de 2021, tras xogar só 9 partidos e non marcar ningún gol, o seu contrato foi rescindido, fichando a continuación polo Santa Clara.[3]

Na súa primeira tempada nos Azores contribuíu con 16 partidos e 4 goles á sexta posición do Santa Clara, a mellor clasificación da historia do club, que lle permitiu clasificarse para a fase previa da Conference League. Na tempada 2021/22 disputou un total de 42 encontros e marcou 6 goles.

No inicio da tempada 2022/23 deixou Ponta Delgada e asinou como novo xogador do Farense, da Segunda Liga,[4] co que conseguiu o ascenso á máxima categoría, contribuíndo con 10 goles entre todas as competicións.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rui Costa, sabor portugués para el ataque del Alcorcón". AS.com (en castelán). 6 de xullo de 2019. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  2. "Rui Costa, del Oporto, dinamita lusa para el ataque del Alcorcón". Marca.com (en castelán). 6 de xullo de 2019. Consultado o 15 de setembro de 2020. 
  3. "Rui Costa deja el Deportivo y ficha por el Santa Clara" (en castelán). 1 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  4. "Rui Costa chega ao Farense" (en portugués). 1 de setembro de 2022. Consultado o 4 de novembro de 2023. 
  5. "Rui Costa acompanha Farense na subida à I Liga" (en portugués). 22 de xuño de 2023. Consultado o 4 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]