Trofeo Teresa Herrera 1955
Tipo | torneo amistoso de fútbol |
---|---|
Parte de | Trofeo Teresa Herrera |
Número de participantes | 2 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | estadio de Riazor (A Coruña) 43°22′07″N 8°25′03″O / 43.36867, -8.41737 |
País | España |
Número de edición | 10 (1955) |
Competición | |
Árbitro | Manuel Asensi Martín |
Primeiro posto | Deportivo da Coruña |
O Trofeo Teresa Herrera de 1955 foi a décima edición do torneo. Celebrouse na Coruña o 1 de setembro de 1955 a partido único. O campión foi o Deportivo da Coruña, que derrotou por 2-1 ao Athletic Club.[1]
O torneo ía disputarse inicialmente en agosto, enfrontando ao Stade de Reims, campión francés, co Athletic de Bilbao. Con todo, pouco antes do partido anunciouse que o Stade de Reims non podía viaxar por non ter xogadores suficientes, contando con numerosas ausencias como as de Raymond Kopa,[2][3] O concello da Coruña tentou buscar entón outro equipo de similar nivel, pero ao non poder conseguilo recorreu ao Deportivo da Coruña. A pesar de que o Deportivo non tiña a categoría que os organizadores querían,[4] o torneo foi todo un éxito e o club galego acabou levando o trofeo na súa primeira participación, no que a prensa da época definiu como un dos días máis memorábeis da historia do fútbol coruñés.[5]
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O Athletic, que viña de gañar a Copa do Xeneralísimo, e que gañaría ese ano liga e Copa, adiantouse no minuto 41 por mediación de Artetxe, cun disparo que golpeou nas costas de Manín antes de entrar na portería defendida por Otero. Aos poucos minutos de comezar a segunda parte logrou o empate o histórico Pahiño, que marcou aínda dous goles máis que foron anulados. Co tempo cumprido e o empate no marcador xogouse unha prórroga ao final da cal o partido aínda seguía 1-1, polo que se engadiu máis tempo extra que remataría cando un dos equipos marcase. Finalmente, no minuto 130 de partido, Pahiño bateu de novo a Carmelo Cedrún para darlle ao Deportivo o seu primeiro título.[5]
Participantes
[editar | editar a fonte]Deportivo da Coruña | 7º na liga española 1954/55 |
Athletic Club | Campión da Copa do Xeneralísimo de 1955 |
Partidos
[editar | editar a fonte]Final
[editar | editar a fonte]Deportivo da Coruña | 2–1 | Athletic Club | 1 de setembro de 1955 – Riazor, A Coruña Asistencia: 32.000 Árbitro: Asensi |
Pahiño 50' 130' | Informe |
Artetxe 41' | |
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Datos da final en rsssf.com
- ↑ "El Teresa Herrera aplazado". La Noche (en castelán). 30 de agosto de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020.
- ↑ "El Stade de Reims no tenía jugadores para venir a La Coruña". El Correo Gallego (en castelán). 1 de setembro de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020.
- ↑ "El Deportivo de La Coruña será el rival del Atlético de Bilbao". La Noche (en castelán). 31 de agosto de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 "Con todos los honores, el Deportivo se adjudica el X Trofeo Teresa Herrera, al vencer al Atlético de Bilbao (2-1)". La Noche (en castelán). 2 de setembro de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos da final en canaldeportivo.com
- O Deportivo posando co trofeo[Ligazón morta]. Proxecto Recordos en Branco e Azul en Phottic.