Porto, Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°9′0″N 8°36′40″O / 41.15000, -8.61111

Porto, Portugal
Pt-prt1.png PRT.png
Palácio da Bolsa Avenida dos Aliados
Paço Episcopal do Porto Câmara Municipal do Porto
Praça da Ribeira
Imaxes da cidade
Situación xeográfica
Porto en Portugal
Porto
Porto
País Flag of Portugal.svg Portugal
Rexión Norte
Subrexión Grande Porto
Distrito Porto
Xeografía
Altitude 0 msnm
Superficie 41,66 km²
Poboación
Poboación 221.800 hab. (2008)
Densidade 5.324 hab/km²
Xentilicio Portuense[1]
Información
Código postal 4000-286 Porto
Alcalde Rui Rio (Independente, apoiado polo CDS-PP)
Páxina web www.cm-porto.pt

O Porto é unha cidade portuguesa, a segunda cidade e o terceiro concello máis poboado do país,[2][3] capital do Distrito do Porto, situado na Rexión Norte e subrexión do Grande Porto, e tamén á Área Metropolitana do Porto. A cidade é considerada unha cidade global gama.[4] O concello, com 41,42 km² de área,[5] ten unha poboación de 237 591 habitantes (2011)[6] dentro dos seus límites administrativos, sendo subdividido en sete freguesías.[7]

É a cidade que deu o nome a Portugal – dende moi cedo (c. -200), cando se chamaba Portus Cale, chegando a converterse máis tarde na capital do Condado Portucalense, dende onde se formou Portugal. É aínda unha cidade coñecida mundialmente polo seu viño, polas súas pontes e arquitectura contemporánea e antiga, o seu centro histórico, clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO,[8] pola calidade dos seus restaurantes e pola súa gastronomía,[9] polo seu principal equipo de fútbol, o Futebol Clube do Porto, pola súa principal universidade pública: a Universidade do Porto, que se atopa entre as 200 mellores universidades do mundo e entre as 100 mellores universidades de Europa,[10] ben como pola calidade dos seus centros hospitalarios.[11]

É a sede da Área Metropolitana do Porto, que agrupa 17 concellos con 1 757 413 habitantes en 2 089 km² de área, cunha densidade de poboación de 1 098 hab/km², o que sitúa a cidade na 13ª área urbana máis poboada da Unión Europea, sendo, polo tanto, a segunda maior zona urbana portuguesa. O Porto e a Área Metropolitana do Porto constitúen o núcleo estrutural da Rexión Norte, que ten unha área de 21 278 km² (24% do Continente) e unha poboación de 3 689 609 habitantes (censos de 2011).[12] Comprende 8 subrexións ou unidades de nivel III (NUTS III).[13]

O Porto, xunto cos concellos veciños de Vila Nova de Gaia e de Matosinhos, forma a Fronte Atlántica do Porto[14], que constitúe o núcleo de poboación máis urbanizado da Área Metropolitana, situado no litoral, delimitado, no oeste, polo Océano Atlántico, coa influencia estrutural do estuario do río Douro[15], que une Gaia con Porto.

O Porto é a cidade máis importante da altamente industrializada zona litoral da Rexión Norte, onde se atopan grande parte dos grupos económicos do país, tales como a Altri, o Grupo Amorim/Corticeira Amorim, o Banco BPI, a BIAL, a EFACEC, a Frulact, a Lactogal, o Millennium BCP, a Porto Editora, a Sonae, a Unicer ou o Grupo RAR. A Associação Empresarial de Portugal ten sede no Porto. A Rexión Norte é a única rexión portuguesa que exporta máis do que importa.[16]

Historia[editar | editar a fonte]

Ten orixe nun poboado celta prerromano. No tempo dos romanos chamábase Cale ou Portus Cale, sendo a orixe do nome de Portugal.

O 27 de abril do ano 711 comezou a invasión musulmá da península ibérica, co desembarque en Xibraltar du exército mouro de 9 000 homes, liderados por Táriq ibn Ziyad.[17][18] No 714, toman Lisboa, e een 715 as forzas islámicas chegan até a rexión norte do que hoxe coñecemos como Portugal, tomando as principais poboacións e cidades, tales como Porto e Braga.[19][20] No 716, practicamente toda a península estaba baixo dominio do Califato Omeia,[21][22][23] agás unha pequena zona montañosa de Asturias, onde se refuxiou a resistencia cristiá.[24]

Pasado un século e medio, no 868, xorden as primeiras tentativas de reconquista definitiva, Vímara Peres, fundador da terra portugalense, tivo unha importante contribución na conquista do territorio, restaurando así a cidade de Portucale.

Finalmente, e pasados dous séculos dende o inicio da invasión,[17] en 999 uns nobres e valorosos fidalgos gascóns entre os cales se atopaba D. Nónego bispo de Vendôme en Francia e máis tarde bispo do Porto entraron cunha grande Armada pola foz do río Douro, para expulsar os mouros. Esta armada,que ficou conhecida como a Armada dos Gascóns asociada a D. Munio Viegas "arrincou" a cidade do Porto ós mouros para dedicarlla á Virxe Nai de Deus. Despois desta batalla, D. Munio e os "franceses" trataron de reedificar o Porto. Ergueron as antigas e fortes murallas, e na parte máis elevada da cidade fundaron um alcácer acastelado e ben fortalecido que, despois do conde Henrique, serviu de habitación dos bispos, ós cales foi doado. A torre e a porta principal foron obra de D. Nónego, que, en memória da patria, a nomeou porta de Vandoma, e que na parte frontal da torre fixo erguer o santuario, onde colocou a imaxe da Nosa Señora do Porto, que xa trouxera consigo de Francia.[25]

No ano 1111, Tareixa, condesa de Portugal, nai do futuro primeiro rei de Portugal, concedeu ó bispo D. Hugo o couto do Porto. Das armas da cidade forma parte a imaxe da Nosa Señora. De alí provén o feito de que o Porto sexa tamén coñecido como "cidade da Virgem", epíteto a que se debe xuntar cos de "Antiga, Mui Nobre, Sempre Leal e Invicta", que lle foran atribuídos ó longo dos séculos e na secuencia de feitos valorosos dos seus habitantes, e que foron ratificados por decreto de D. María II de Portugal.

Foi dentro dos seus muros onde se efectuou o casamento do rei Xoán I de Portugal coa princesa inglesa Filipa de Lancaster. A cidade foi berce do Henrique, duque de Viseu, coñecido como o Infante de Sagres ou O Navegador.

Por mor dos sacrificios que a cidade fixo para apoiar a preparación da armada que partiu, en 1415, para a conquista de Ceuta, a poboación do Porto ofreceu ós expedicionarios toda a carne dispoñible, quedando só coas "tripas" para a alimentación dos naturais do Porto. Deste xeito gañaron o alcume de "tripeiros", unha expresión máis agarimosa que pexorativa. É tamén esta a razón pola que o prato tradicional da cidade aínda é, hoxe en día, as "Tripas à moda do Porto". Existe unha confraría especialmente dedicada a este prato típico.

Séculos XVIII e XIX[editar | editar a fonte]

A cidade desempeñou un papel fundamental na defensa dos ideais do liberalismo máis concretamente nas batallas do século XIX. Ademais, a coraxe coa que soportou o cerco das tropas miguelistas durante a guerra civil de 1832-34 e os feitos valorosos cometidos polos seus habitantes no Cerco do Porto, valéronlle mesmo a atribución, pola raíña D. María II, do título – único entre as demais cidades de Portugal – de Invicta Cidade do Porto (aínda hoxe presente no listel das súas armas), de onde o epíteto con que é frecuentemente mencionada por antonomasia - a «Invicta»). Alberga nunha das súas moitas igrexas - a da Lapa - o corazón de D. Pedro IV de Portugal, que o ofreceu á poboación da cidade en homenaxe á contribución dos seus habitantes á causa liberal.

Cidade agraciada coa Orde Militar da Torre e Espada, do Valor, Lealdade e Mérito o 26 de abril de 1919.[26]

Cidade das Pontes[editar | editar a fonte]

A cidade do Porto é tamén coñecida pola grandiosidade e innovación das súas pontes, sendo a cidade con maior número de pontes nun río, na Europa.[Cómpre referencia]

Xunto coa Torre dos Clérigos, a Ponte Don Luís I é un dos ex libris do Porto. A ponte é un dos exemplos máis notábeis da denominada "Era do Ferro".

Xunto coa Torre dos Clérigos, a Ponte Don Luís I é un dos ex libris do Porto. A ponte é un dos exemplos máis notábeis da denominada "Era do Ferro".


  • Ponte das Barcas
Gravado de 1817.

A Ponte das Barcas foi a primeira ponte a ser construída sobre o río Douro. A necesidade de haber unha travesía para a marxe Sur do Douro para circulación de persoas e mercadorías, constituíu unha preocupación permanente ao longo dos séculos. A travesía do río facíase con recursos a barcos, xangadas, barcazas ou *batelións. A Ponte das Barcas construída con obxectivos máis duradeiros foi inaugurada o 15 de agosto de 1806, e estaba constituída por vinte barcas ligadas por cabos de aceiro e que podía abrir en dúas partes para dar pasaxe ao tráfico fluvial. Foi nesa ponte que se deu a tristemente célebre catástrofe da Ponte das Barcas, en que millares de vítimas pereceron cando fuxían, a través da ponte, ás cargas de baioneta das tropas invasoras do Marechal Soult, o 29 de marzo de 1809.

Piares da Ponte Pênsil.
  • Ponte Pénsil

A Ponte Pénsil foi a primeira obra permanente no río Douro. O aumento do tráfico entre Gaia e a cidade o Porto fixo evidente a necesidade da construción dunha nova ponte.

O 2 de maio de 1841 foi posta a primeira pedra da Ponte Pénsil con proxecto dos enxeñeiros Mellet e Bigot. A ponte estaba constituída por dous obeliscos de albanelaría de 18 m de altura, de cada lado, da cima dos cales pendían os cabos de suspensión do taboleiro de 6 m de ancho, incluíndo os paseos laterais con 1 m cada un. O van central tiña 150 metros, dun total de 170 m, entre a escarpa dos Guindais e o sitio do Penedo, en Gaia. Oito cabos, con 220 fíos de ferro cada un, mantiñan o taboleiro a 10 m enriba do nivel das augas e estaban ancorados en pozos verticais de 8 m (lado do Porto) e de 14 m (do lado de Gaia). Concluiuse 21 meses despois, abrindo ao tránsito a 17 de febreiro de 1843. A primeira proba de carga da ponte pesaba 106.770 kg, estando constituída por 103 pipas de auga.

Despois da construción foi erguida unha casa en cada extremidade da ponte para abrigo de gardas militares que celaban pola orde e vixilancia da ponte e tamén pola cobranza dunha portaxe: 5 reis por cada persoa a pé, 20 reis por cada cabalo e 40 por un carro cunha xunta de bois, cada cadeiriña de mans pagaba 60 reis. Todos estes prezos se duplicaban á noite, ou sexa pasados tres cuartos de hora da posta do sol, volvendo ás taxas normais tres cuartos de hora antes de nacer o sol.

Hoxe só son visíbeis os dous piares e o resto da casa do garda na marxe do Porto.

Ponte de D. Maria Pia.
  • Ponte de Dona Maria Pia

A Ponte de Dona Maria Pia, así chamada en honra de María Pía de Savoia, é unha obra de grande beleza arquitectónica de autoría de Gustave Eiffel e construída entre xaneiro de 1876 e 4 de novembro de 1877. Foi a primeira ponte ferroviaria en unir as dúas marxes do Douro.

No último cuarto do século XX tornouse evidente que a vella ponte xa non respondía de forma satisfactoria ás necesidades. Dotada dunha soa liña, obrigaba ó paso dunha composición de cada vez, a unha velocidade que non podía exceder os 20 km/h e con cargas limitadas.

Encóntrase desactivada desde que foi substituída pola moderna Ponte de San João. Ninguén ten dúbidas sobre a enorme riqueza deste patrimonio, mais iso non impediu que a Ponte de Dona María se vaia degradando ano tras ano, xa que aínda non foi definida unha utilización práctica para lle dar.

Ponte Don Luís I.
  • Ponte Don Luís I
Artigo principal: Ponte Don Luís I.

Oficialmente designada "Ponte Luiz I", construída de acordo co proxecto do enxeñeiro Teófilo Seyrig, que xa colaborara con Eiffel na Ponte de Dona María, foi inaugurada o 31 de outubro de 1886 polo propio rei Luís I de Portugal.

A Ponte de Don Luís permitiu unha ligazón viaria desafogada entre as zonas baixa e alta de Vila Nova de Gaia e Porto e, dunha forma máis xeral, entre o norte e o sur do país, durante moitas décadas. A partir da segunda metade do século XX, no entanto, comezou a revelarse insuficiente para asegurar o tránsito de automóbiles entre as dúas marxes.

Ponte da Arrábida.
  • Ponte da Arrábida

A Ponte da Arrábida é unha elegante ponte de cemento armado de autoría do enxeñeiro Edgar Cardoso. Comezou a ser construída en maio de 1957 e foi inaugurada en 22 de xuño de 1963. Constituía o tramo final da autoestrada n.º 1 (A1) enlazando Lisboa ao Porto.

O arco da ponte—cuxa corda teórica é de 270 m e a frecha de 52 m -- era, á data da construción, o maior do mundo en cemento armado. O arco grande está formado por dúas costelas, coa largura constante de 8 m cada unha. Todo o interior do arco é *vazado, podendo percorrerse de punta a punta. O taboleiro da ponte ten de longo 493 m.

Inicialmente a ponte tiña dúas faixas de rodaxe de 8 m cada unha, separadas por unha faixa sobreelevada de 2 m de largura; dúas pistas para ciclistas de 1,70 m cada unha e dous paseos marxinais de 1,50 m de largura, tamén sobreelevados. Máis tarde, foron acrecentadas unha faixa de rodaxe en cada sentido, construídas por eliminación das pistas para ciclistas e da redución do separador central.

A pesar da construción da Ponte do Freixo, máis a montante, a Ponte de Arrábida continua a ser a principal ligazón entre a cidade do Porto e a marxe sur do Douro.

Ponte de São João.
  • Ponte de San João

Tal como a Ponte da Arrábida, tamén a Ponte de San Xoán foi da autoría do Enxeñeiro Edgar Cardoso. É unha ponte ferroviaria e foi construída para substituír a centenaria Ponte de Dona María Pía.

Ao contrario das outras pontes construídas ata á data, a Ponte de Son Xoán non é en arco, mais adopta unha solución en pórtico, con tres vans—dous de 125 n e un de 250 n -- apoiados en dous maxestosos piares fundados no leito do río. Facendo xuízo ao seu nome, a ponte foi inaugurada no día de San Xoán (24 de xuño) de 1991.

Tal como a Ponte da Arrábida, á data da súa inauguración, tamén a Ponte de San Xoán co seu van central constituíu unha marca mundial neste tipo de pontes.

Ponte do Freixo.
  • Ponte do Freixo

Das pontes que ligan o Porto a Vila Nova de Gaia, a Ponte do Freixo é a que está máis a arriba do río e é tamén a menos bela de todas. Proxecto de autoría do Prof. António Reis, a Ponte do Freixo foi construída na tentativa de minimizar as conxestións no transito automóbil vividos nas Pontes da Arrábida e de Don Luís, particularmente notorios desde finais da década de 1980.

Trátase, na verdade, de dúas pontes construídas lado a lado e afastadas 10 n unha da outra. A ponte ten oito ollos, sendo o principal de 150 n. É unha ponte automobilística con oito carrís de rodaxe (catro en cada sentido), mais cun taboleiro a cotas moi inferiores á de todas as restantes pontes que ligan o Porto a Gaia.

Ponte Infante Dom Henrique.
  • Ponte do Infante

A Ponte do Infante, bautizada en honra do Infante D. Henrique, nacido no Porto, é a máis recente e, segundo moitos, a máis esvelta ponte que liga Porto e Gaia. Foi construída para substituír o taboleiro superior da Ponte Don Luís, entre tanto convertida para uso da "Liña Amarela" (Hospital de San Xoán/Santo Ovidio) do Metro do Porto.

Foi construída pouco a montante da Ponte de Don Luís, en plena zona histórica, ligando o barrio das Fontaínhas (Porto) á Serra do Pilar (Vila Nova de Gaia).

A ponte está constituída por unha viga caixón con 4,5 m de altura apoiada nun arco flexible con 1,50 n de espesura. Trátase dunha ponte á cota alta con unha extensión de 371 m e 20 m de largura no taboleiro. Presenta unha solución de arco semellante á adoptada polo enxeñeiro suízo Robert Maillart nas súas pontes alpinas, cunha frecha de 11,2 n para un ollo de arco con 280 m, o que—como xa ven sendo tradición nas pontes entre o Porto e Gaia—constituíu unha marca mundial nesta tipoloxía de pontes.

Ten dous carrís de rodaxe en cada sentido, con 3,25 m cada, e un separador central con 1 m de largura. A iluminación está colocada á cota baixa, permitindo unha perfecta iluminación da vía, sen sombras.

Monumentos e outros puntos de interese[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Centro histórico do Porto.
Centro histórico do Porto
Ribeira do porto.jpg
Porto visto dende Vila Nova de Gaia.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Flag of Portugal.svg Portugal
Localización Europa
Tipo Histórico
Criterios (iv)
Inscrición 1996 (20ª sesión)
Rexión da UNESCO Norte
Identificador 755

Os seguintes monumentos forman parte da historia da cidade do Porto:

Postigo do Carvâo, única porta que queda das 18 que tivo a muralla Fernandina.

Museos[editar | editar a fonte]

Casa da Música.

Outros puntos de interese:

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Europa
América
África
Asia

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Limpabotas en Porto  
Coliseu do Porto  
Libraría  

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de portuense - Dicionario da Real Academia Galega
  2. Poboación residente segundo os Censos 2011. Consultado o 12 de xuño de 2016.
  3. Mapas segundo INE - Censos. Consultado o 12 de xuño de 2016.
  4. GaWC Research Network (13 de abril de 2010). "The World According to GaWC 2008 (O Mundo Segundo a GaWC 2008)". www.lboro.ac.uk. Consultado o 5 de maio de 2010. 
  5. Instituto Geográfico Português, Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013 (ficheiro Excel zipado). Consultado o 28 de novembro de 2013.
  6. INE (2012) – "Censos 2011 (Dados Definitivos)", "Quadros de apuramento por freguesia" (tabelas anexas ao documento: separador "Q101_NORTE"). Consultado o 27 de xullo de 2013.
  7. Diário da República, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei n.º 11-A/2013, de 28 de xaneiro, Anexo I. Consultado 19 de xullo de 2013.
  8. Centro Histórico do Porto, classificado como Património Mundial pela UNESCO
  9. Restauração da cidade do Porto
  10. "Apresentação da Universidade do Porto". 
  11. "Hospital de Santo António, no Porto, eleito, em 2014, como o melhor do país". 
  12. Instituto Nacional de Estatística. "População residente (N.º) por Local de residência, Sexo; Decenal (2011)". Consultado o 1 de setembro de 2011. 
  13. Assembleia da República (2013). "Diário da República/Leinº75/2013 de 12 de Setembro" (PDF). Consultado o 26 de novembro de 2014. 
  14. Frente Atlântica do Porto
  15. Estuário do Rio Douro - Porto e Vila Nova de Gaia
  16. Região do Norte de Portugal, que tem, como capital, o Porto, é a região que mais exporta
  17. 17,0 17,1 "April 29 711 AD - Moorish General Tariq ibn-Ziyad Lands at Gibraltar". Consultado o 19 de maio de 2015. 
  18. "Medieval Sourcebook: Ibn Abd-el-Hakem: The Islamic Conquest of Spain". Consultado o 19 de maio de 2015. 
  19. Collins, Roger (1989). The Arab Conquest of Spain 710-797. ISBN 0-631-19405-3. 
  20. "História e Geografia de Braga". Consultado o 19 de abril de 2015. 
  21. "Omíadas". Consultado o 19 de abril de 2015. 
  22. "Os Omíadas". Consultado o 19 de abril de 2015. 
  23. "A Expansão Árabe". Consultado o 19 de abril de 2015. 
  24. "Invasão Muçulmana da Península Ibérica". 19 de abril de 2015. 
  25. COELHO, José Júlio Gonçalves. Notre-Dame de Vendôme et les Armoiries de la Ville de Porto, Mémoire Historique et Archéologique. Vendôme 1907
  26. "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Presidência da República Portuguesa. Consultado o 22 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porto, Portugal Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Francis, A.D. John Methuen and the Anglo-Portuguese Treaties of 1703. The Historical Journal Vol. 3, No. 2
  • Glover, Michael, The Peninsular War 1807–1814 Penguin, 1974.
  • Loyrette, Henri. Gustave Eiffel. New York: Rizzoli, 1985 ISBN 0 8478 0631 6
  • Redacção Quidnovi, com coordenação de José Hermano Saraiva, História de Portugal, Dicionário de Personalidades, Volume VIII, Ed. QN-Edição e Conteúdos,S.A., 2004
  • Smith, Digby, The Napoleonic Wars Data Book Greenhill, 1998.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Francia Aviñón
Flag of Norway.svg Bergen
Italia Boloña
Bélxica Bruxelas
Polonia Cracovia
Finlandia Helsinqui
República Checa Praga
Islandia Reiquiavik
Galicia Santiago de Compostela
EU Insignia.svg
Capital Europea da cultura
xunto con Flag of the Netherlands.svg Rotterdam

2001
Sucesor:
España Salamanca
Bélxica Bruxas