Hristo Stoichkov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Stoichkov
Hristo Stoichkov PFC Litex Lovech manager.jpg
Información persoal
Nome completoHristo Stoitchkov
Nacemento8 de febreiro de 1966 (52 anos)
LugarPlovdiv,
Altura1,78
Peso73kg
PosiciónDianteiro
Información de club
Club actualretirado

Hristo Stoichkov, nado en Plovdiv o 8 de febreiro de 1966, é un ex-futbolista e adestrador búlgaro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou en 1981 nun equipo de 2ª división de Bulgaria, o Maritza Plovdiv, para fichar en 1982 polo Zhevros Jarmanli. Marchou ao CSKA de Sofía en 1985, onde gañou tres ligas e catro copas de Bulgaria.

En xullo de 1990 fichou polo FC Barcelona, que pagou por el 400 millóns de pesetas, e co que gañou catro ligas consecutivas, unha Copa de Europa (1992), tres Supercopas españolas e unha Supercopa de Europa de Fútbol (1993).

Ao longo desta época Hristo converteuse nunha estrela do Barça, e para moitos é un dos mellores xogadores que pasaron polo Camp Nou. Amais foi un dos protagonistas indiscutibles do chamado "Dream Team" blaugrana, xunta Andoni Zubizarreta, Albert Ferrer, Ronald Koeman, Miguel Angel Nadal, Josep Guardiola, José Mari Bakero, Michael Laudrup, Eusebio Sacristán, Txiki Begiristain, Julio Salinas e máis tarde, Romário.

Na tempada 1990-91 foi sancionado ó longo máis de media liga por pisar ó árbitro Urízar Azpizarte. En 1995 fichou polo Parma italiano, pero regresou ó F. C. Barcelona en 1996, equipo que abandonou para volver ó CSKA de Sofía en 1998. Despois xogou en Ó Nasr de Arabia Saudita, no Kashiwa Reysol xaponés, no Chicago Fire Soccer Club e no DC United de Estados Unidos, onde colgou as botas no 2004.

Foi galardoado coa Bota de Ouro, xunto ó mexicano Hugo Sánchez en 1990, Balón de Ouro (1994) e segundo mellor xogador do mundo segundo a FIFA en 1995. Está incluído na lista FIFA 100.

Coa selección do seu país alcanzou as semifinais da Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994. Tras 17 anos na selección, xogou o seu derradeiro partido co combinado búlgaro fronte á Inglaterra en 1999.

En 2004 asumiu o cargo de seleccionador nacional do seu país. O feito destacado deste período de técnico é que o capitán do equipo, Stilian Petrov, decidiu deixa-la selección, o día 12 de outubro de 2006, por non estar de acordo con Hristo. É o terceiro xogador do equipo e o segundo capitán que sae do equipo en dous anos por diferenzas con Stoichkov.

O 10 de abril de 2007 dimitiu como seleccionador búlgaro para facerse cargo do banco do Celta, posto co que descendeu a segunda división e do que saíu a comezos de outubro de 2007.

temp.clubpaísligapart.golesComp.europeas
(partidos)
Comp. europeas
(goles)
1980/81Maritza PlovdivBulgaria BulgariaProfessional B Football Group10----
1981/82Zavod "Yuri Gagarin"Bulgaria BulgariaAmateur V Football Group163----
1982/83USM PlovdivBulgaria BulgariaAmateur V Football Group41----
1982/83Hebros HarmanliBulgaria BulgariaAmateur V Football Group114----
1983/84Hebros HarmanliBulgaria BulgariaAmateur V Football Group2110----
1984/85CSKA SofíaBulgaria BulgariaProfessional A Football Group110----
1985/86CSKA SofiaBulgaria BulgariaProfessional A Football Group00----
1986/87CSKA SofiaBulgaria BulgariaProfessional A Football Group2562--
1987/88CSKA SofiaBulgaria BulgariaProfessional A Football Group271420
1988/89CSKA SofiaBulgaria BulgariaProfessional A Football Group26238--
1989/90CSKA SofiaBulgaria BulgariaProfessional A Football Group30386--
1990/91FC BarcelonaEspaña EspañaPrimeira División241496
1991/92FC BarcelonaEspaña EspañaPrimeira División3217114
1992/93FC BarcelonaEspaña EspañaPrimeira División342040
1993/94FC BarcelonaEspaña EspañaPrimeira División3416126
1994/95FC BarcelonaEspaña EspañaPrimeira División27983
1995/96AC ParmaItalia ItaliaSerie A2356--
1996/97FC BarcelonaEspaña EspañaPrimeira División227----
1997/98FC BarcelonaEspaña EspañaPrimera División40----
1997/98CSKA SofiaBulgaria BulgariaProfessional A Football Group41----
1997/98Al-NasrFlag of Saudi Arabia.svg Arabia SauditaSaudi Premier League21----
1998Kashiwa ReysolFlag of Japan.svg XapónJ-League125----
1999Kashiwa ReysolFlag of Japan.svg XapónJ-League168----
2000Chicago Fire Soccer ClubEstados Unidos de América Estados UnidosMajor League Soccer1812----
2001Chicago Fire Soccer ClubEstados Unidos de América Estados UnidosMajor League Soccer1710----
2002Chicago Fire Soccer ClubEstados Unidos de América Estados UnidosMajor League Soccer166----
2003DC UnitedEstados Unidos de América Estados UnidosMajor League Soccer215----
Total 458 234

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]

Co CSKA Sofia

Co FC Barcelona

Títulos Internacionais[editar | editar a fonte]

Co FC Barcelona

Trofeos españois[editar | editar a fonte]

Títulos Individuais[editar | editar a fonte]

Participacións en Mundiais[editar | editar a fonte]

Coa Selección de Bulgaria

Participacións na Eurocopa[editar | editar a fonte]

Coa Selección de Bulgaria