O Amsterdamsche Football Club Ajax, coñecido como Ajax Amsterdam, é un club de fútbolneerlandés da cidade de Ámsterdan.
Foi fundado o 18 de marzo de 1900 e actualmente compite na Eredivisie, a máxima categoría do fútbol nos Países Baixos, na que milita dende os primeiros anos da competición. Disputa os seus partidos como local no Johan Cruyff Arena.
O estadio do Ajax é o Johan Cruyff Arena, cunha capacidade para 51 628 espectadores. O estadio foi inaugurado oficialmente o 14 de agosto de 1996, nun partido entre o Ajax e o AC Milan, que finalizou cun triunfo de 1-4 a favor do equipo italiano.