Antonio Orejuela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orejuela
Información persoal
Nome Antonio José Orejuela Rivero
Nacemento 2 de decembro de 1960
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,69 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1968–1978 Ilsbach
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1978–1982 TSV Hanau
1982–1983 FSV Frankfurt 30 (4)
1983–1984 Salamanca 33 (9)
1984–1988 Mallorca 142 (16)
1988–1993 Atlético de Madrid 73 (8)
1993–1994 Rayo Vallecano 31 (3)
1994 Granada 6 (0)
1994–1995 Mallorca 14 (0)
1996–1997 Atlético Baleares 29 (2)
Selección nacional
1987 España sub-21 1 (0)
1987–1988 España sub-23 4 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Antonio José Orejuela Rivero, nado en Madrid o 2 de decembro de 1960, é un exfutbolista español que xogaba como centrocampista.

Destacou especialmente no Mallorca e no Atlético de Madrid e disputou máis de 350 partidos como profesional, a maioría deles na Primeira División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Madrid, aos seis anos emigrou cos seus pais a Alemaña.[1] Comezou a súa carreira como futbolista nas filas do FSV Frankfurt, da segunda división. Regresou en 1983 ao seu país natal, onde fichou pola UD Salamanca, da Primeira División.[2] Debutou nun partido ante Osasuna e foi o máximo goleador do Salamanca na tempada 1983/84, na que o equipo acabou descendendo.[3]

A continuación pasou ao Mallorca, de Segunda División, club no que militou durante catro campañas, ascendendo na segunda delas á Primeira División. Xogou un total de 187 partidos co club balear, co que marcou 23 goles. Deixou o equipo tralo descenso a Segunda ao remate da tempada 1987/88,

Na campaña 1988/89 fichou polo Atlético de Madrid. Disputou 70 partidos nas súas dúas primeiras tempadas, pero as lesións afectárono nas tres seguintes, nas que contabilizou só 21 partidos. Gañou co equipo dúas Copas do Rei consecutivas, en 1991 e 1992, sendo titular na primeira das finais, contra un dos seus antigos equipos, o Mallorca.[4]

Na tempada 1993/94 vestiu a camiseta Rayo Vallecano, sen poder evitar o descenso a Segunda. Posteriormente pasou brevemente polo Granada e viviu unha segunda etapa no Mallorca, antes de pechar a súa carreira no Atlético Baleares en 1997.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É curmán dos tamén exfutbolistas de Primeira División Diego e Jesús Orejuela.[1]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Atlético de Madrid

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "24 horas en la vida de... Antonio Orejuela". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de marzo de 1987. p. 29. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  2. "Orejuela: el último inmigrante". Mundo Deportivo (en castelán). 20 de xuño de 1983. p. 13. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  3. "Osasuna y Salamanca, tal para cual". Mundo Deportivo (en castelán). 5 de setembro de 1983. p. 13. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  4. "El Mallorca, finalista ejemplar". Mundo Deportivo (en castelán). 30 de xuño de 1991. p. 6. Consultado o 31 de outubro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]