Saltar ao contido

Francisco Aramburu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Aramburu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Uruguaiana, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de outubro de 1997 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Porto Alegre, Brasil Editar o valor en Wikidata
Altura168 cm Editar o valor en Wikidata
Peso69 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1941–1942 Grêmio Foot-Ball Porto Alegrense
1943–1955 Club de Regatas Vasco da Gama
1955–1956   Clube de Regatas do Flamengo
  Selección nacional Número de eventos xogados
  Brasil
Participou en
1950Mundial de Fútbol Brasil 1950
1946Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1946 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

FIFA: 63847 Editar o valor en Wikidata

Francisco Aramburu, máis coñecido como Chico, nado en Uruguaiana, Río Grande do Sur, o 7 de xaneiro de 1922 e finado no Río de Xaneiro o 1 de outubro de 1997, foi un futbolista brasileiro que xogaba de dianteiro. Militou durante case toda a súa carreira no Vasco da Gama e foi internacional coa selección brasileira, coa que se proclamou subcampión do mundo en 1950, tras perder ante o Uruguai no coñecido como Maracanazo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Coñecido como Chico, hipocorístico de Francisco, comezou a súa carreira como futbolista en 1939, aos 17 anos, no EC Ferro Carril, da súa vila natal.[1] Un ano máis tarde trasladouse á capital do estado, Porto Alegre, onde defendeu a camiseta do Grêmio. En 1942 foi fichado polo Vasco da Gama, na entón capital do país, Río de Xaneiro.

Chegou ao club carioca ao mesmo tempo que o adestrador uruguaio Ondino Viera e alí formou parte do equipo coñecido como o Expresso da Vitrória, xunto a futbolistas como Barbosa, Augusto, Friaça, Ademir de Menezes, Lelé, Isaías ou Jair da Rosa Pinto. Militou durante 12 anos no Vasco, marcando 127 goles en 289 partidos, e protagonizou destacados duelos ante Biguá, centrocampista do Flamengo.[1][2] Gañou co club cinco Campionatos Cariocas e o Campionato Suramericano de Campións de 1948, considerado o precursor da Copa Libertadores.[3]

Pechou a súa carreira no Flamengo, co que só chegou a disputar partidos amigables.

Selección brasileira

[editar | editar a fonte]

Debutou coa selección brasileira en decembro de 1945 en São Paulo, na serie de partidos da Copa Roca ante a Arxentina. O equipo brasileiro perdeu 3–4 no partido inicial, pero uns días despois resarciuse goleando por 6–2 no Estádio São Januário, o estadio do Vasco. Chico contribuíu cun gol nesa contundente vitoria, que foi a maior goleada do equipo brasileiro ante o seu máximo rival en toda a historia.[4] Finalmente o Brasil conseguiu o trofeo ao gañar por 3-1 no partido decisivo. Participou no Campionato Suramericano de 1946, onde quedou subcampión.[5] Gañou coa selección as Copas Rio Branco de 1947 e 1950.

Foi parte do cadro de xogadores brasileiros que disputou o Mundial de 1950, o primeiro celebrado no seu propio país, torneo no que xogou catro partidos, marcando catro goles. Foi titular no famoso partido final contra o Uruguai no Maracanã, no que o Brasil perdeu inesperadamente, pasando aquel encontro á historia co nome de "Maracanazo". Foi o terceiro máximo goleador do torneo, só por detrás do seu compañeiro Ademir e do uruguaio Óscar Míguez.

Trala súa retirada traballou como taxista. Faleceu no Río de Xaneiro o 1 de outubro de 1997.[1]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Vasco da Gama
Selección brasileira
  1. 1,0 1,1 1,2 "Chico… o valente de Uruguaiana" (en portugués). 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 6 de maio de 2022. 
  2. Rozenberg, Marcelo. "Chico" (en portugués). Consultado o 6 de maio de 2022. 
  3. "La máxima fiesta del fútbol continental". conmebol.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2013. Consultado o 6 de maio de 2022. 
  4. Prais, Mauro (12 de xuño de 2008). "A Rivalidade Brasil x Argentina" (en portugués). Consultado o 6 de maio de 2022. 
  5. "Southamerican Championship 1946". rsssf.com (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]