Manu Mosquera
Manu Mosquera | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Manuel Mosquera Rey | ||
Nacemento | 26 de xaneiro de 1999 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Ourense CF | ||
Número | 17 | ||
Carreira xuvenil | |||
2009–2018 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2018–2021 | Fabril | 21 | (7) |
2018–2019 | → Laracha (cedido) | 23 | (6) |
2019 | → Extremadura C (cedido) | 1 | (0) |
2019 | → Extremadura B (cedido) | 11 | (2) |
2020 | → Extremadura (cedido) | 5 | (0) |
2021 | Deportivo da Coruña | 1 | (0) |
2021–2022 | Cacereño | 4 | (0) |
2022– | Ourense CF | 7 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 8 de abril de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Manuel Mosquera Rey, coñecido como Manu Mosquera, nado na Coruña o 26 de xaneiro de 1999, é un futbolista galego que xoga como dianteiro no Ourense CF, da Terceira División.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu na Coruña en 1999, sendo seu pai o histórico dianteiro do CF Extremadura Manuel Mosquera, criado na canteira do Deportivo da Coruña. Manu incorporouse tamén ás categorías inferiores do Deportivo en 2009, con dez anos.[1] En 2018 foi cedido ao Laracha CF de Tercera División, segundo filial do Deportivo, onde debutou o 30 de setembro dese ano na vitoria por 1-0 sobre o Racing Club Vilalbés.[2]
Mosquera marcou o seu primeiro gol na Terceira División o 17 de novembro de 2018, conseguindo o empate a 1-1 contra o Silva SD.[3] Despois de ser titular habitual no Laracha, debutou co Fabril en Segunda División B o 19 de maio de 2019, xogando os últimos 19 minutos na derrota por 0-1 ante o Real Valladolid B, aínda que o seu equipo estaba xa descendido.[4]
O 7 de decembro de 2019, Mosquera fichou polo Extremadura UD, adestrado por seu pai, sendo inicialmente asignado ao filial en Terceira.[1] Despois da pandemia por coronavirus foi incluído nos adestramentos do primeiro equipo e debutou como profesional na Segunda División o 12 de xuño de 2020, substituíndo a Víctor Pastrana no empate por 1-1 contra o Elche CF.[5] Tralo remate da tempada volveu ao Fabril.[6]
O 6 de xaneiro de 2021 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña en partido oficial (xa o fixera no Trofeo Teresa Herrera 2020), na segunda rolda da Copa do Rei fronte ao Alavés en Riazor, xogando como titular.[7] Catro días despois debutou co Deportivo en liga, no partido contra o Zamora no Ruta de la Plata.[8]
No verán de 2021, despois de máis dunha década no Deportivo, deixou o club galego e fichou polo CP Cacereño.[9] Con todo, apenas dispuxo de minutos no equipo estremeño, desvencellándose do mesmo en xaneiro de 2022. Fichou entón polo Ourense CF, da Terceira División.[10]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "El hijo de Manu Mosquera cambia el Fabril por el Extremadura" (en castelán). 7 de decembro de 2019. Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ "Triunfo del Laracha por 1-0 frente al Racing C. Villalbés" (en castelán). 30 de setembro de 2018. Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ "Manu Mosquera salva un punto para el Laracha ante el Silva" (en castelán). 18 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2021. Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ Pardal, J. A. (19 de maio de 2019). "El Real Valladolid B salva la categoría con su duodécima victoria en los Anexos" (en castelán). Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ "El Extremadura merece más: un punto que sabe a poco en Elche". Marca (en castelán). 12 de xuño de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ "Manu Mosquera regresa al Fabril tras su paso por el Extremadura" (en castelán). 1 de setembro de 2020. Consultado o 1 de setembro de 2020.
- ↑ Regueiro, Zeltia (7 de xaneiro de 2021). "Manu Mosquera: "Todos me arroparon y eso hizo que me salieran las cosas"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2021.
- ↑ "O Dépor queda conxelado en Zamora (1-0)". Deportivo da Coruña. 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2021.
- ↑ "Manu Mosquera dice adiós: “Nunca olvidaré el debut con el equipo de mi ciudad y de mi corazón”" (en castelán). 15 de xullo de 2021. Consultado o 15 de xullo de 2021.
- ↑ "El Ourense CF incorporó a un lateral coreano de 20 años". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de febreiro de 2022. Consultado o 8 de abril de 2022.