Trofeo Teresa Herrera 1973
| Tipo | Trofeo Teresa Herrera |
|---|---|
| Deporte | fútbol |
| Número de participantes | 4 |
| Participantes | |
| Localización e Datas | |
| Localización | estadio de Riazor (A Coruña) 43°22′07″N 8°25′03″O / 43.36867, -8.41737 |
| País | España |
| Intervalo de tempo | 3 de agosto de 1973 – 5 de agosto de 1973 |
| Número de edición | 28 (1973) |
| Competición | |
| Primeiro posto | Atlético de Madrid |
O Trofeo Teresa Herrera de 1973 foi a 28ª edición do torneo. Celebrouse na Coruña entre o 3 e o 5 de agosto de 1973. O campión foi o Atlético de Madrid, que derrotou na final por 2-1 ao Spartak Trnava checoslovaco.[1]
O torneo abriuse coa primeira semifinal que enfrontou ao Atlético de Madrid co Újpest Dózsa, gañando o equipo madrileño por 4-2.[2] Na outra semifinal o Spartak Trnava remontou os tres goles iniciais do Ajax de Ámsterdam para gañar por 3-5.[3] Os neerlandeses, tricampións de Europa, perderon tamén contra Újpest Dózsa no partido polo terceiro posto, nun partido resolto a penaltis.
A final rematou con empate a cero goles no tempo regulamentario, precisándose de dúas prórrogas ata que Gárate desfixo o empate a favor dos atléticos no minuto 137, no partido máis longo da historia do torneo. Francisco Franco, presente no estadio, entregoulle o trofeo ao capitán do equipo branquivermello, Luis Aragonés.[4] O húngaro Ferenc Bene levou o premio ao mellor xogador do torneo.[5]
O coro Cántigas da Terra realizou unha actuación no descanso da final.[6]
Participantes
[editar | editar a fonte]| Campión da liga española 1972/73 | |
| Campión da Eredivisie 1972/73 e das 3 últimas Copas de Europa | |
| Campión das 5 últimas ligas húngaras | |
| Campión das 3 últimas ligas checoslovacas |
Resultados
[editar | editar a fonte]| Semifinais | Final | |||||
| 3 de agosto | ||||||
| |
4 | |||||
| |
2 | |||||
| 5 de agosto | ||||||
| |
2 | |||||
| |
1 | |||||
| Terceiro e cuarto posto | ||||||
| 4 de agosto | 5 de agosto | |||||
| |
3 | |
0 (4) | |||
| |
5 | |
0 (3) | |||
Partidos
[editar | editar a fonte]Primeira semifinal
[editar | editar a fonte]| Atlético de Madrid | 4–2 | Újpest Dózsa | 3 de agosto de 1973, 20:30 (CEST) – Estadio de Riazor, A Coruña Árbitro: |
| Bezerra Ovejero Luis Aragonés |
Informe |
Bene | |
|
|
Segunda semifinal
[editar | editar a fonte]| Ajax | 3–5 | Spartak Trnava | 4 de agosto de 1973, 20:30 (CEST) – Riazor, A Coruña Árbitro: |
| Rep Hulshoff Blankenburg |
Informe |
Hagara Adamec Krajcovic Kuna | |
|
|
Partido polo terceiro posto
[editar | editar a fonte]| Újpest Dózsa | 0–0 | Ajax | 5 de agosto de 1973, 18:30 (CEST) – Riazor, A Coruña Árbitro: |
| Penaltis | |||
| Noskó: Horváth: Harsányi: Kellner: Bene: |
4–3 | G. Mühren: Krol: Rep: Neeskens: Keizer: | |
|
|
Final
[editar | editar a fonte]| Atlético de Madrid | 2–1 | Spartak Trnava | 5 de agosto de 1973, 20:30 (CEST) – Riazor, A Coruña Árbitro: |
| Irureta Gárate |
Informe |
Dobiaš | |
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Datos da final en rsssf.com
- ↑ "At. Madrid, primer finalista". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de agosto de 1973. p. 17.
- ↑ Álvarez, Eusebio (5 de agosto de 1973). "At Madrid - Spartak Tmava, final imprevista". La Voz de Galicia (en castelán). p. 17.
- ↑ Álvarez, Eusebio (6 de agosto de 1973). "Una genialidad de Gárate inclinó la balanza". La Voz de Galicia (en castelán). p. 13.
- ↑ "El mejor jugador Bene". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de agosto de 1973. p. 13.
- ↑ "El At. Madrid, campeón". El Pueblo Gallego (en castelán). 7 de agosto de 1973. p. 13. Consultado o 26 de xaneiro de 2021.