Trofeo Teresa Herrera 2023
Campión | ![]() |
---|---|
Subcampión | ![]() |
Partidos xogados | 1 |
Total asistencia | 16.127 espectadores (16 por partido) |
← 2022 |
O Trofeo Teresa Herrera de 2023 foi a 78ª edición do torneo. Celebrouse na Coruña o 5 de agosto de 2023 a partido único. O campión foi o Deportivo da Coruña, que logrou o seu 25º título ao derrotar por 4-0 ao Red Bull Bragantino II do Brasil.[1]
Participantes[editar | editar a fonte]
![]() |
Club anfitrión. 4º na Primeira División RFEF 2022/23 |
![]() |
2º no Campionato Brasileiro Sub-23 de 2022 e 10º no Campionato Paulista Serie A3 de 2022 |
Homenaxes[editar | editar a fonte]
Nos momentos previos ao partido foron homenaxeados os exfutbolistas brasileiros Bebeto e Mauro Silva, dous dos mellores xogadores da historia do Deportivo da Coruña e os únicos que gañaron a Copa do Mundo mentres militaban no club.[1] Mauro Silva xogara ademais dous anos e medio no Bragantino, antes de ser traspasado en 1992 ao Deportivo.[2] Gardouse ademais un minuto de silencio polo falecemento de Luis Suárez, antigo xogador e adestrador do equipo coruñés e único Balón de Ouro nacido na Península Ibérica.[3] Durante o partido rendéuselle tamén unha homenaxe ao capitán Álex Bergantiños, que vestiu por última vez a camiseta do Deportivo despois de 21 anos ao servizo do club. Ingresou ao campo como titular e foi substituído no minuto 21, acompañado polos seus fillos e sendo ovacionado por todo o estadio.[4][5]
Partidos[editar | editar a fonte]
Final[editar | editar a fonte]
Deportivo da Coruña | 4–0 | Red Bull Bragantino II | 5 de agosto de 2023 – Riazor, A Coruña Asistencia: 16.127 Árbitro: ![]() |
Barbero ![]() ![]() Davo ![]() José Ángel ![]() |
Informe |
Caetano ![]() | |
|
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "O Teresa Herrera queda na Coruña por 25ª vez (4-0)". 5 de agosto de 2023. Consultado o 6 de agosto de 2023.
- ↑ "¡Vaya gangas!". El País (en castelán). 12 de marzo de 1995. Consultado o 6 de agosto de 2023.
- ↑ "Así fue el minuto a minuto del Teresa Herrera: RC Deportivo-Bragantino". DxT Campeón (en castelán). 5 de agosto de 2023. Consultado o 6 de agosto de 2023.
- ↑ "El Depor honra a Bebeto y Mauro con su 25º Teresa Herrera". As (en castelán). 6 de agosto de 2023. Consultado o 6 de agosto de 2023.
- ↑ "La despedida de Álex Bergantiños del Deportivo en Riazor: entre lágrimas y con beso final al césped" (en castelán). 5 de agosto de 2023. Consultado o 6 de agosto de 2023.