Manuel Jiménez Abalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Jiménez
Información persoal
Nome completo Manuel Enrique Jiménez Abalo
Nacemento 27 de outubro de 1956
  Vilagarcía de Arousa
Nacionalidade España
Altura 1,77
Posición Defensa
editar datos en Wikidata ]

Manuel Enrique Jiménez Abalo, nado en Vilagarcía de Arousa o 27 de outubro de 1956, é un ex-futbolista galego, que xogaba de defensa central.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse no Carril, e xogou na terceira división co Arosa SC. En 1979 fichou polo Sporting de Gijón, onde xogou até 1991. Participou en 420 partidos de liga, nos que meteu 8 goles, chegando a acadar a cuarta posición na liga 1986-87, na que xogou 43 partidos. Na liga 1991-92 xogou os 38 partidos co Real Burgos CF.

Xogou un partido coa selección de fútbol de España o 18 de novembro de 1981, un amigábel contra a selección polaca. Foi seleccionado para o combinado que participou no Mundial de Fútbol España 1982.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]