Aloísio Pires
Aloísio | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Aloísio Pires Alves | ||
Nacemento | 16 de agosto de 1963 | ||
Lugar de nacemento | Pelotas | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Defensa central | ||
Carreira xuvenil | |||
Internacional | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1982–1988 | Internacional | 107 | (7) |
1988–1990 | Barcelona | 48 | (0) |
1990–2001 | Porto | 332 | (15) |
Total | 487 | (22) | |
Selección nacional | |||
1983 | Brasil sub-20 | 4 | (0) |
1988 | Brasil | 6 | (0) |
Adestrador | |||
2005–2006 | Porto B | ||
2006–2007 | Vila Meã | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Aloísio Pires Alves, coñecido simplemente como Aloísio, nado en Pelotas o 16 de agosto de 1963, é un exfutbolista brasileiro.
Histórico central do Porto, militou nese club durante 11 tempadas, nas que gañou 19 títulos, entre eles sete ligas portuguesas. Con 474 partidos oficiais co Porto, é o terceiro futbolista con máis encontros historia do club, só por detrás dos seus compañeiros João Pinto e Vítor Baía. Antes de triunfar no Porto xogou no Inter de Porto Alegre, co que gañou tres Campionatos Gaúchos, e no FC Barcelona, co que se proclamou campión dunha Copa do Rei e dunha Recopa de Europa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nacido en Pelotas, no estado brasileiro de Río Grande do Sur, formouse como futbolista na canteira do Internacional, debutando co primeiro equipo en 1982. Co equipo de Porto Alegre gañou tres veces o Campionato Gaúcho e acadou o cuadrangular final do Brasileirão de 1987, que gañou o Sport Recife. Ese mesmo ano gañou a Bola de Prata como un dos catro mellores defensas do Brasil, xunto a Luiz Carlos Winck, Luizinho e Mazinho.[1]
En 1988 mudouse a España, onde fichou polo FC Barcelona. Nos seus dous anos en Cataluña, disputou 68 partidos oficiais, case todos como titular e gañou unha Recopa de Europa e unha Copa do Rei, saíndo de inicio en ambas finais, contra a Sampdoria e o Real Madrid respectivamente.[2][3][4]
En 1990 fichou polo FC Porto de Portugal, club no que militou durante os seguintes 11 anos, ata a súa retirada. Titular indiscutible no equipo portuense, gañou 19 títulos, entre eles sete ligas portuguesas, cinco delas consecutivas entre 1995 e 1999, sendo un dos únicos cinco futbolistas do club en gañar cinco ligas seguidas. Retirouse do fútbol en xuño de 2001, con case 38 anos de idade, e como o segundo futbolista con máis partidos na historia do Porto, só por detrás do seu compañeiro João Pinto. Na actualidade ocupa a terceira posición, despois de ser superado tamén por Vítor Baía.
Trala súa retirada comezou a traballar como adestrador no propio Porto, nas funcións de axudante de José Mourinho na tempada 2003/04, gañando a Primeira Liga e a Liga de Campións.[5] Na seguinte tempada foi asistente do español Víctor Fernández,[6] antes de facerse cargo como adestrador principal do equipo filial na terceira división.[7]
Selección brasileira[editar | editar a fonte]
En 1988 foi seis veces internacional coa selección brasileira, coa que debutou nun partido amigable ante Australia. Ese mesmo ano representou ao Brasil nos Xogos Olímpicos de Seúl, conseguindo a medalla de prata tras perder a final contra a Unión Soviética.[8]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Internacional
- Campionato Gaúcho (3): 1982, 1983, 1984.
- Barcelona
- Copa do Rei (1): 1989/90.
- Recopa de Europa (1): 1988/89.
- Porto
- Primeira División (7): 1991/92, 1992/93, 1994/95, 1995/96, 1996/97, 1997/98, 1998/99.
- Copa de Portugal (3): 1990/91, 1993/94, 1997/98, 1999/00, 2000/01.
- Supercopa de Portugal (3): 1990, 1991, 1993, 1994, 1996, 1998, 1999.
- Selección brasileira sub-20
- Copa do Mundo Xuvenil (1): 1983.
- Campionato Suramericano Xuvenil (1): 1983.
- Selección brasileira
- Medalla de prata dos Xogos Olímpicos (1): 1988.
- Individual
- Bola de Prata (1): 1987.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Bola de Prata Placar 1987". Placar (en portugués). 7 de agosto de 2015. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "Spain - Cup 1990". rsssf.org (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "A 25 años de la Copa de la Vida". ESPN (en castelán). 4 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "1988/89: Hat-trick for Barcelona". UEFA (en inglés). 1 de xuño de 1989. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2010. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ Costa, Luís Octávio (20 de Agosto de 2002). "Os adjuntos de Mourinho". Público (en portugués). Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "Aloísio: «Sinto os jogadores com a cabeça limpa»" (en portugués). 12 de agosto de 2004. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ Caetano, Filipe (4 de novembro de 2006). "Aloísio (ex-F.C. Porto) estreia-se na II Divisão já a pensar em treinar na I Liga" (en portugués). Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ "Final dos Xogos Olímpicos de 1988". olympedia.org (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador no sitio web da FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2015.
- Nados en Pelotas
- Nados en 1963
- Futbolistas do Brasil
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Sport Club Internacional
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do FC Porto
- Xogadores da selección de fútbol do Brasil
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Medallistas olímpicos de prata polo Brasil
- Futbolistas olímpicos do Brasil
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Adestradores de fútbol do Brasil