Ely do Amparo
Ely | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ely do Amparo | ||
Nacemento | 14 de maio de 1921 | ||
Lugar de nacemento | Paracambi | ||
Falecemento | 9 de marzo de 1991 | ||
Lugar de falecemento | Paracambi | ||
Altura | 184 centímetros | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1939 | America | ||
1940–1944 | Canto do Rio | ||
1944 | → Vasco da Gama | ||
1945–1952 | Vasco da Gama | ||
1952–1955 | Sport | ||
Selección nacional | |||
1949–1954 | Brasil | 17 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Ely do Amparo, coñecido simplemente como Ely, nado en Paracambi o 14 de maio de 1921 e finado no Río de Xaneiro o 9 de marzo de 1991,[1] foi un futbolista brasileiro, que xogaba como defensa. Foi internacional coa selección brasileira, coa que disputou dúas Copas do Mundo (1950 e 1954).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira no America, en 1939, pasando en 1940 ao Canto do Rio, no que militou durante cinco anos.
En 1945 fichou polo Vasco da Gama,[1] onde formou parte do chamado Expresso da Vitória,[2] o equipo do Vasco que conquistou varios títulos nas décadas de 1940 e comezos de 1950. Disputou un total de 367 partidos co club e gañou cinco veces o Campionato Carioca (en 1945, 1947, 1949, 1950 e 1952).[3] En 1948 proclamouse campión do histórico Campionato Suramericano de Clubs, considerado o antecesor da Copa Libertadores.[1]
En 1953 foi traspasado ao Sport, co que gañou dous Campionatos Pernambucanos antes de retirarse en 1955.[1]
Selección brasileira
[editar | editar a fonte]Foi 19 veces internacional coa selección brasileira, coa que debutou en 1949. Ese mesmo ano disputou o Campionato Suramericano, proclamándose campión tras derrotar na final a Paraguai.[4] Foi parte do equipo brasileiro no Mundial de 1950, onde foi titular no partido inaugural do seu equipo ante México, formando liña defensiva xunto con Augusto e Juvenal.[5] Non disputou máis partidos naquel torneo, no que o seu equipo acabou segundo despois de perder ante o Uruguai no Maracanazo.
Formou parte do equipo que gañou o Campionato Panamericano en 1952.[1] Acudiu coa selección tamén ao Mundial de 1954, pero non chegou a xogar ningún encontro.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Vasco da Gama
- Campionato Carioca (5): 1945, 1947, 1949, 1950, 1952.
- Torneo Octogonal Rivadávia Corrêa Meyer (1): 1953.
- Campionato Suramericano de Clubs (1): 1948.
- Sport
- Campionato Pernambucano (2): 1953, 1955.
- Selección do Brasil
- Copa América (1): 1949.
- Campionato Panamericano (1): 1952.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Enciclopédia do Futebol Brasileiro (en portugués). Río de Xaneiro: Aretê Editorial S/A. 2001. p. 68. ISBN 85-88651-01-7.
- ↑ Rozenberg, Marcelo (11 de setembro de 2008). "Eli do Amparo ou Ely do Amparo (ex-médio e lateral do Vasco)" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2 de outubro de 2011. Consultado o 3 de maio de 2022.
- ↑ "No centenário de Ely do Amparo, neta do ex-craque faz Tour pela Colina Histórica" (en portugués). 14 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2021. Consultado o 2 de maio de 2022.
- ↑ "Southamerican Championship 1949". rsssf.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2009. Consultado o 3 de maio de 2022.
- ↑ "Brasil 4-0 México". FIFA (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2022.