Hugo Fernández
Hugo Fernández | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Hugo Daniel Fernández Vallejo | ||
Nacemento | 2 de febreiro de 1945 | ||
Lugar de nacemento | Montevideo | ||
Falecemento | 1 de agosto de 2022 | ||
Lugar de falecemento | Puebla de Zaragoza | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Nacional | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1965–1966 | Nacional | 8 | (0) |
1967 | Racing de Montevideo | ||
1968–1969 | Gimnasia y Esgrima | 7 | (0) |
1970 | Cerro | ||
1971 | Defensor | ||
1972–1975 | Peñarol | ||
1975–1978 | Tenerife | ||
1979–1980 | Puebla | 74 | (7) |
1980–1981 | Peñarol | ||
1981 | Atlas | 3 | (0) |
Adestrador | |||
1984 | Peñarol | ||
1985–1987 | Puebla | ||
1988–1989 | Tigres | ||
1989–1990 | Tampico Madero | ||
1994–1995 | Nacional | ||
1995–1996 | Puebla | ||
1997–1998 | Toshiba | ||
2001 | Irapuato | ||
2002 | Veracruz | ||
2003 | Puebla | ||
2006 | Lobos | ||
2006–2008 | Dorados | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Hugo Daniel Fernández Vallejo, nado en Montevideo o 2 de febreiro de 1945 e finado en Puebla de Zaragoza o 1 de agosto de 2022,[1] foi un futbolista e adestrador uruguaio, que xogaba como lateral dereito.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira no Nacional, co que debutou en partido oficial en decembro de 1965, nunha derrota por 0-1 ante o Danubio no estadio Centenario.[2] Ao ano seguinte conquistou o seu primeiro campionato uruguaio. A continuación pasou polo Racing de Montevideo, Gimnasia y Esgrima, Cerro e Defensor, antes de recalar no máximo rival do seu primeiro club, o Peñarol, no que militou tres anos, gañando dous novos campionatos de liga (en 1974 e 1975).[3] Conquistou tamén co equipo negro e amarelo a 29ª edición do Trofeo Teresa Herrera en Riazor, onde foi expulsado xunto a Cruyff nas semifinais contra o Barcelona, por unha lea entre ambos.
En xullo de 1975 desembarcou no fútbol español, fichando polo Tenerife, de Segunda División, onde coincidiu cos tamén uruguaios Montero Castillo, Ferreira e Kraus.[4] Debutou co equipo de Felipe Mesones na primeira xornada da tempada 1975/76 e foi titular durante 36 dos 38 partidos de liga, formando parella de centrais xunto ao histórico Molina.[4] Continuou sendo un alicerce da defensa durante a seguinte campaña, acompañado habitualmente por Julio Durán, pero o seu contrato foi rescindido a comezos da campaña 1977/78, por motivos económicos.[4]
Acto seguido regresou a América e xogou dous anos no Puebla mexicano, antes de volver ao Peñarol, co que gañou o seu cuarto campionato uruguaio en 1981.[5] Pechou a súa carreira no Atlas mexicano en 1981.
Trala súa retirada iniciou en Peñarol a súa carreira como adestrador, carreira que se desenvolveu principalmente en México, onde pasou polos bancos de Puebla (en tres etapas), Tigres, Tampico Madero, Irapuato, Veracruz, Lobos de la BUAP e Dorados de Sinaloa. Tamén dirixiu ao Nacional de Montevideo e ao Toshiba do Xapón.[4]
Palmarés[editar | editar a fonte]
Como futbolista[editar | editar a fonte]
- Nacional
- Primeira División (1): 1966.
- Peñarol
- Primeira División (3): 1974, 1975, 1981.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
- Dorados de Sinaloa
- Torneo Clausura de Ascenso (1): 2007.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "LIGA MX: Fallece Hugo Fernández, ex jugador de Puebla" (en castelán). 1 de agosto de 2022. Consultado o 19 de agosto de 2022.
- ↑ "Nacional - Danubio 1965". atilio.uy (en castelán). Consultado o 19 de agosto de 2022.
- ↑ "Falleció Hugo Fernández, exjugador y DT de Nacional y Peñarol" (en castelán). 1 de agosto de 2022. Consultado o 19 de agosto de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Fallece Hugo Fernández, recordado jugador del CD Tenerife en los años setenta". eldiario.es (en castelán). 2 de agosto de 2022. Consultado o 19 de agosto de 2022.
- ↑ "Nombran a Hugo Fernández técnico del Puebla" (en castelán). Consultado o 19 de agosto de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador co Club Nacional (en castelán).
- Nados en Montevideo
- Nados en 1945
- Finados en 2022
- Futbolistas do Uruguai
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Club Nacional de Football
- Xogadores do Racing Club de Montevideo
- Xogadores do Gimnasia y Esgrima de La Plata
- Xogadores do Club Atlético Cerro
- Xogadores do Defensor Sporting Club
- Xogadores do CA Peñarol
- Xogadores do CD Tenerife
- Xogadores do Atlas de Guadalajara
- Adestradores de fútbol do Uruguai
- Adestradores do CA Peñarol
- Adestradores do Club Nacional de Football