Comercio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gdańsk
Intérêts des nations de l'Europe, dévélopés relativement au commerce, 1766

O comercio é a actividade socioeconómica consistente na compravenda de bens, sexa para o seu uso, para a súa venda ou para a súa transformación. É o cambio ou transacción de algo a cambio doutra cousa de igual valor.

As actividades comerciais ou industriais son os intercambios de bens ou de servizos que se afectan a través dun mercador ou comerciante.

O comerciante é a persoa física ou xurídica que se dedica ao comercio en forma habitual, como as sociedades mercantiles.

Historia[editar | editar a fonte]

Ánfora exipcia.

As orixes do comercio remóntanse a finais do período Neolítico, cando se descubriu a agricultura. Ao principio, a agricultura que se practicaba era unha agricultura de subsistencia, onde o fruto era para a poboación dedicada aos asuntos agrícolas. Con todo, a medida que foron incorporándose novos desenvolvementos tecnolóxicos o día a día dos agricultores, por exemplo a forza animal, ou o uso de diferentes ferramentas, as colleitas obtidas eran cada vez maiores. Así chegou o momento propicio para o nacemento do comercio, favorecido por dous factores:

  • As colleitas obtidas eran maiores que a que necesitaban para a subsistencia da comunidade.
  • Xa non era necesario que toda a comunidade dedicásese á agricultura, por tanto parte da poboación empezou a especializarse noutros asuntos, como a olaría ou a siderurxia.

Por tanto, os excedentes das colleitas empezaron a intercambiarse con outros obxectos nos que outras comunidades estaban especializadas. Normalmente estes obxectos eran elementos para a defensa da comunidade (armas), depósitos para poder transportar ou almacenar os excedentes alimentarios (ánforas, etc.), novos utensilios agrícolas (aixadas de metal...), ou mesmo máis adiante obxectos de luxo (espellos, pendentes, etc).

Este comercio primitivo, non só supuxo un intercambio local de bens e alimentos, senón tamén un intercambio global de innovacións científicas e tecnolóxicas, entre outros, o traballo en ferro, o traballo en bronce, a roda, o torno, a navegación, a escritura, novas formas de urbanismo, e un longo etcétera. Na península ibérica este período coñécese como o Orientalizante, polas continuas influencias recibidas de Oriente. Neste momento é cando xorde a cultura ibérica.

Ademais do intercambio de innovacións, o comercio tamén propiciou un paulatino cambio das sociedades. Agora a riqueza podía almacenarse e intercambiarse. Empezaron a aparecer as primeiras sociedades capitalistas tal como as coñecemos hoxe en día, e tamén as primeiras estratificacións sociais. Nun inicio as clases sociais eran simplemente a xente do poboado e a familia do dirixente. Máis adiante apareceron outras clases sociais máis sofisticadas como os guerreiros, os artesáns, os comerciantes, etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.