Premio 2023. Paz Filgueira (de pé) con mulleres premiadas en anteriores edicións: (de esquerda a dereita) Coral del Río, África González, Chis Oliveira, Mª Xosé Porteiro.
O Premio de Igualdade Ernestina Otero é un galardón honorífico, promovido polo Consello Municipal da Muller e Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, que premia a traxectoria dunha muller ou colectivo en defensa da igualdade. Toma o nome da mestra e pedagoga Ernestina Otero e ten carácter anual.
A primeira edición do premio celebrouse en 2013 coincidindo coa celebración dos actos con motivo do Día Internacional da Muller que organizan a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e Consello Municipal da Muller. O galardón tamén é obra dunha muller, a artista Cuqui Piñeiro. Trátase dunha escultura en bronce que representa unha muller montando en bicicleta.[1]
V Premio 2017. Rosa Cobo, profesora de Socioloxía, pola súa traxectoria en favor da igualdade de xénero.[6]
VI Premio 2018. Ana Gandón, ex-concelleira do Concello de Vigo, polo seu labor realizado en defensa dos dereitos das mulleres.[7]
VII Premio 2019. María Xosé Queizán, unha das intelectuais feministas máis relevantes de Galicia, pola súa ampla traxectoria.[8]
VIII Premio 2020. María Xosé Porteiro, xornalista, escritora, feminista e política, pola súa defensa dos dereitos da muller.[9]
IX Premio 2021. Mercedes Oliveira, doutora en Filosofía e Pedagoxía e unha das activistas máis destacadas no ámbito da igualdade, cunha intensa labor nas aulas.[10]
X Premio 2022. África González Fernández, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, académica da Real Academia de Farmacia de Galicia e presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía, en recoñecemento pola súa traxectoria como investigadora e na vixilancia da saúde.[11]
XI Premio 2023. Paz Filgueira Paz, maxistrada titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo desde xaneiro do 2012 ata novembro do 2020[12], poñendo en valor a perspectiva de xénero que aporta ao seu traballo.[13]