Bertrand Russell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bertrand Arthur William Russell
Nobel prize medal.svg
Honourable Bertrand Russell.jpg
Bertrand Russell en 1916.
Nome completo Bertrand Arthur William Russell
Nacemento 18 de maio de 1872
Lugar Monmouthshire, Inglaterra
Falecemento 2 de febreiro de 1970
Lugar Penrhyndeudraeth, País de Gales
Causa Gripe
Nacionalidade Reino Unido
Relixión Agnosticismo
Alma máter Universidade de Cambridge e Trinity College
Ocupación matemático, social critic, ensaísta, lógico, epistemologista, filósofo da linguagem, ativista político, metafísico, filósofo analítico, autobiógrafo, escritor, filósofo, catedrático de universidade, escritor de ciencia ficción, filósofo da ciência e político
Cónxuxe Alys Pearsall Smith, Dora Russell, Patricia Helen Spence, Edith Finch Russell e Patricia Russell
Fillos Conrad Russell, 5th Earl Russell, John Russell e Lady Katharine Tait
Premios Premio Nobel de Literatura en 1950
editar datos en Wikidata ]

Bertrand Arthur William Russell, nado en Tellek (Monmouthshire, Gales), o 18 de maio de 1872 e finado en Penrhyndeudraeth o 2 de febreiro de 1970, foi un epistemólogo, matemático, filósofo e moralista británico, terceiro conde de Russell. Está considerado un dos máis importantes filósofos do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Popularizou a filosofía, foi polemista e militante de esquerdas, preto do socialismo de tendencia libertaria. Organizou o tribunal Sartre-Russell contra os crimes sobrevindos durante a Guerra do Vietnam. Recibiu o premio Nobel de literatura en 1950 para o conxunto da súa obra, en particular para o seu empeño humanista e como pensador libre. A motivación, segundo foi proposta pola Fundación Nobel, foi "en recoñecemento dos seus variados e significantes escritos en defensa dos ideais humanitarios e liberdade de pensamento"[1]

Escribiu sobre unha ampla gama de temas, desde os fundamentos das matemáticas e a teoría da relatividade ao matrimonio, os dereitos das mulleres e o pacifismo. A vida de Russell foi apaixonada, intensa e longa e fraguouse un nome tanto nos círculos de especialistas como entre as multitudes que ou o seguían con fervor ou o odiaban con intensidade.

Matemáticas[editar | editar a fonte]

En matemáticas a súa gran contribución é a indubidablemente importante Principia Mathematica con Alfred North Whitehead, libro en tres volumes onde a partir de certas nocións básicas da lóxica e a Teoría de conxuntos dedúcese a totalidade das matemáticas. Mostrando así o poder das linguaxes formais, a posibilidade de modelar as matemáticas e a fertilidade da lóxica. Un libro profundamente influente e importante que contribuíu ao desenvolvemento da lóxica, a teoría de conxuntos, a intelixencia artificial e a computación así como a formación de pensadores da talla de David Hilbert, Ludwig Wittgenstein, Alan Turing, Willard Van Orman Quine e Kurt Gödel.

Filosofía[editar | editar a fonte]

En filosofía contribuíu practicamente en todas as áreas, desde a mesma metodoloxía avogando sempre pola análise e alertando aos filósofos das trampas da linguaxe, sentando así o método e as motivacións da filosofía analítica. As súas contribucións de contido inclúen o seu innegable artigo mestre Sobre o Denotar e unha serie de libros e artigos en problemas desde a filosofía das matemáticas, a metafísica, a epistemoloxía, a inferencia científica e a ética a unha serie de enfoques interesantes e fértiles ao problema mente-corpo, enfoques discutidos hoxe en día por variedade de filósofos importantes como David Chalmers, Michael Lockwood, Thomas Nagel, Grover Maxwell, Mario Bunge etc.

Activismo e polémica[editar | editar a fonte]

Russell foi un coñecido pacifista durante a Primeira Guerra Mundial, aínda que se manifestou a favor de tomar accións bélicas durante a Segunda Guerra Mundial, alegando que un mundo onde o fascismo fose a ideoloxía reinante sería un mundo onde o mellor da civilización morrería e non valería a pena vivir. Estivo en prisión dúas veces, a primeira conectada coas súas actividades pacifistas durante a gran guerra e a segunda por participar nunha manifestación contra a proliferación de armas nucleares. Contraeu matrimonio catro veces. A última vez, con Edith Finch, puido alcanzar a paz e entendemento que sempre buscou. Tivo tres fillos, John, Kate e Conrad. Conrad converteuse nun importante político do Partido Liberal Demócrata en Inglaterra e nun historiador erudito, morreu recentemente quinto conde de Russell.

Russell foi tamén ademais de activista e pensador de primeira liña un soberbio polemista que se converteu na icona do racionalismo para toda unha xeración. Polemizou sobre o control de natalidade, os dereitos das mulleres, a inmoralidade das armas nucleares, e sobre as deficiencias nos argumentos e razóns esgrimidos a favor da existencia de Deus. Sempre nos seus escritos fixo gala non só dun magnífico estilo literario senón tamén dun excelente sentido do humor e unha habilidade para sorprender e provocar coa ironía, o sarcasmo e a metáfora.

En 1962, aos 90 anos, mediou na crise dos mísiles de Cuba para evitar que se desatase un ataque militar, escribindo cartas tanto a Kruschev como ao presidente Kennedy e sendo intermediario nas súas respostas mutuas.

Obras[editar | editar a fonte]

Velaquí algunhas das obras publicadas por Bertrand Russell:

  • 1896. German Social Democracy. London: Longmans, Green.
  • 1897. An Essay on the Foundations of Geometry. Cambridge: Cambridge University Press.
  • 1900. A Critical Exposition of the Philosophy of Leibniz. Cambridge: Cambridge University Press.
  • 1903. The Principles of Mathematics. Cambridge: Cambridge University Press.
  • 1905. On Denoting, Mind, vol. 14. ISSN: 00264425. Basil Blackwell.
  • 1910. Philosophical Essays. London: Longmans, Green.
  • 1910–1913, Principia Mathematica (xunto a Alfred North Whitehead). 3 vols. Cambridge: Cambridge University Press.
  • 1912. The Problems of Philosophy. London: Williams and Norgate.
  • 1914. Our Knowledge of the External World as a Field for Scientific Method in Philosophy. Chicago and London: Open CPublishing.
  • 1916. Principles of Social Reconstruction. London: George Allen & Unwin.
  • 1916. Justice in War-time. Chicago: Open Court.
  • 1917. Political Ideals. New York: The Century Co.
  • 1918. Mysticism and Logic and Other Essays. London: Longmans, Green.
  • 1918. Proposed Roads to Freedom: Socialism, Anarchism, and Syndicalism. London: George Allen & Unwin.
  • 1919. Introduction to Mathematical Philosophy. London: George Allen & Unwin. (ISBN 0-415-09604-9 for Routledge paperback) (Copy at Archive.org).
  • 1920. The Practice and Theory of Bolshevism. London: George Allen & Unwin.
  • 1921. The Analysis of Mind. London: George Allen & Unwin.
  • 1922. The Problem of China. London: George Allen & Unwin.
  • 1923. The Prospects of Industrial Civilization, en colaboration con Dora Russell. London: George Allen & Unwin.
  • 1923. The ABC of Atoms, London: Kegan Paul. Trench, Trubner.
  • 1924. Icarus; or, The Future of Science. London: Kegan Paul, Trench, Trubner.
  • 1925. The ABC of Relativity. London: Kegan Paul, Trench, Trubner.
  • 1925. What I Believe. London: Kegan Paul, Trench, Trubner.
  • 1926. On Education, Especially in Early Childhood. London: George Allen & Unwin.
  • 1927. The Analysis of Matter. London: Kegan Paul, Trench, Trubner.
  • 1927. An Outline of Philosophy. London: George Allen & Unwin.
  • 1927. Why I Am Not a Christian. London: Watts.
  • 1927. Selected Papers of Bertrand Russell. New York: Modern Library.
  • 1928. Sceptical Essays. London: George Allen & Unwin.
  • 1929. Marriage and Morals. London: George Allen & Unwin.
  • 1930. The Conquest of Happiness. London: George Allen & Unwin.
  • 1931. The Scientific Outlook. London: George Allen & Unwin.
  • 1932. Education and the Social Order, London: George Allen & Unwin.
  • 1934. Freedom and Organization, 1814–1914. London: George Allen & Unwin.
  • 1935. In Praise of Idleness. London: George Allen & Unwin. Traducido parcialmente (só o primeiro ensaio) ao galego: Eloxio da ociosidade: ISBN 978-84-937591-6-2 (Editorial Trifolium, 2010)
  • 1935. Religion and Science. London: Thornton Butterworth.
  • 1936. Which Way to Peace?. London: Jonathan Cape.
  • 1937. The Amberley Papers: The Letters and Diaries of Lord and Lady Amberley, with Patricia Russell, 2 vols., London: Leonard & Virginia Woolf at the Hogarth Press.
  • 1938. Power: A New Social Analysis. London: George Allen & Unwin.
  • 1940. An Inquiry into Meaning and Truth. New York: W. W. Norton & Company.
  • 1945. History of Western Philosophy and Its Connection with Political and Social Circumstances from the Earliest Times to the Present Day. New York: Simon and Schuster.
  • 1948. Human Knowledge: Its Scope and Limits. London: George Allen & Unwin.
  • 1949. Authority and the Individual. London: George Allen & Unwin.
  • 1950. Unpopular Essays. London: George Allen & Unwin.
  • 1951. New Hopes for a Changing World. London: George Allen & Unwin.
  • 1952. The Impact of Science on Society. London: George Allen & Unwin.
  • 1953. Satan in the Suburbs and Other Stories. London: George Allen & Unwin.
  • 1954. Human Society in Ethics and Politics. London: George Allen & Unwin.
  • 1954. Nightmares of Eminent Persons and Other Stories. London: George Allen & Unwin.
  • 1956. Portraits from Memory and Other Essays. London: George Allen & Unwin.
  • 1956. Logic and Knowledge: Essays 1901–1950, edited by Robert C. Marsh. London: George Allen & Unwin.
  • 1957. Why I Am Not A Christian and Other Essays on Religion and Related Subjects, edited by Paul Edwards. London: George Allen & Unwin.
  • 1958. Understanding History and Other Essays. New York: Philosophical Library.
  • 1959. Common Sense and Nuclear Warfare. London: George Allen & Unwin.
  • 1959. My Philosophical Development. London: George Allen & Unwin.
  • 1959. Wisdom of the West, edited by Paul Foulkes). London: Macdonald.
  • 1960. Bertrand Russell Speaks His Mind, Cleveland and New York: World Publishing Company.
  • 1961. The Basic Writings of Bertrand Russell, edited by R.E. Egner and L.E. Denonn. London: George Allen & Unwin.
  • 1961. Fact and Fiction. London: George Allen & Unwin.
  • 1961. Has Man a Future?, London: George Allen & Unwin.
  • 1963. Essays in Skepticism. New York: Philosophical Library.
  • 1963. Unarmed Victory. London: George Allen & Unwin.
  • 1965. On the Philosophy of Science, edited by Charles A. Fritz, Jr. Indianapolis: The Bobbs-Merrill Company.
  • 1967. Russell's Peace Appeals, edited by Tsutomu Makino and Kazuteru Hitaka. Japan: Eichosha's New Current Books.
  • 1967. War Crimes in Vietnam. London: George Allen & Unwin.
  • 1967–1969. The Autobiography of Bertrand Russell, 3 vols.. London: George Allen & Unwin.
  • 1969. Dear Bertrand Russell... A Selection of his Correspondence with the General Public 1950–1968, editado por Barry Feinberg e Ronald Kasrils. London: George Allen and Unwin.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bertrand Russell - Facts". Consultado o 20/05/2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]