Foi inaugurado o 25 de marzo de 2010 e creouse a partir dos 8.500 títulos, 150 revistas e 930 pezas audiovisuais recompilados durante 25 anos polo Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín.[2][3] A este material que data desde os anos 80 súmase o fondo documental da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo.[4]
O centro de documentación, situado na Biblioteca Pública Central de Vigo é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou ao persoal especializado.[1]
Ademais dos servizos de atención directa ou telemática, sala de lectura, préstamo e asesoramento documental, o centro realiza actividades de extensión cultural, exposicións, animación, lectura, charlas, debates e obradoiros.[4][5]