Maria Montessori
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2022.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 31 de agosto de 1870 Chiaravalle (Reino de Italia) |
| Morte | 6 de maio de 1952 Noordwijk (Reino dos Países Baixos) |
| Lugar de sepultura | Noordwijk (pt) |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade de Roma La Sapienza |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Pedagoxía |
| Lugar de traballo | Roma |
| Ocupación | médica, pedagoga, ensaísta |
| Empregador | Universidade de Roma La Sapienza |
| Membro de | |
| Alumnos | Helma Trass (en) |
| Familia | |
| Fillos | Mario Montessori |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Монтессори Мария) 1001 vrouwen in de 20ste eeuw Obálky knih, |
Maria Tecla Artemisia Montessori, nada o 31 de agosto de 1870 en Chiaravalle na (provincia de Ancona) e finada o 6 de maio de 1952, foi unha educadora, científica, médica, filósofa, feminista, e humanista italiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Montessori foi a primeira muller médica italiana na era moderna, e desde o seu posto dedicouse a tratar de educar os considerados ineducables na Roma do seu tempo e abriu a súa primeira escola, en Roma, o 6 de xaneiro de 1907.
O Método Montessori de educación que se derivou da súa experiencia, aplicouse con éxito os nenos e é moi popular en moitas partes do mundo. Sen importar as críticas ao seu método nos inicios das décadas de 1930-1940 o seu método educativo seguiuse aplicando e actualmente vive unha revitalización.
En 1907 Montessori estableceu a primeira Casa dei Bambini en Roma. Xa en 1913 houbera un intenso interese no seu método en Norteamérica, que máis tarde decreceu. (Nancy McCormick Rambusch reviviu o método en América, establecendo a Sociedade Americana Montessori (American Montessori Society en 1960). Montessori estivo exiliada desde 1936 nos Países Baixos e trasladouse á India por invitación da Sociedade Teosófica, durante a segunda guerra mundial viviu en Madrás e Karachi e abriu a súa propia escola Kodaikanal. Tras a guerra regresou ós Países Baixos, país no que actualmente está a sede da AMI ou Association Montessori Internationale. Morreu en Noordwijk aan Zee. O seu fillo Mario encabezou a A.M.I. ata a súa morte en 1982.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maria Montessori |