Razoamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Le Penseur de Auguste Rodin.

Enténdese por razoamento o acto de sacar conclusións e de aprender de maneira razoable uns feitos, establecendo conexións causais e lóxicas necesarias entre eles. Podemos diferenciar dous tipos de razoamento:

• O razoamento argumentativo en tanto actividade mental correspóndese coa actividade lingüística de argumentar. Noutras palabras, un argumento é a expresión lingüística dun razoamento.

• O razoamento lóxico é un proceso de lóxica mediante o cal, partindo dun ou máis xuízos, derívanse, a posibilidade ou a falsidade doutro xuízo distinto. O estudo dos argumentos corresponde á lóxica, de modo que a ela tamén lle corresponde indirectamente o estudo do razoamento. Polo xeral, os xuízos no que se basea un razoamento expresan coñecementos xa adquiridos. É posible distinguir entre varios tipos de razoamento lóxico.

Razoamento argumentativo[editar | editar a fonte]

Non só se basea nas premisas cunha única alternativa correcta, senón que é máis amplo en canto ás solucións, baseándose na experiencia e no contexto. Como exemplo para ilustrar este tipo de razoamento, podemos situarnos nun caso dunha clasificación de alimentos o tipo informal faríao segundo o ordene no frigorífico. Neste razoamento xeneralízase para todos os elementos dun conxunto á propiedade observada nun número finito de casos. As premisas neste caso non conteñen unha conclusión concreta, de feito a información que se extrae non é correcta é discutible.

Razoamento lóxico[editar | editar a fonte]

Razoamento lóxico é un proceso mental que implica a aplicación da lóxica. A partir deste tipo de razoamento, pode ser de un ou máis lugares para chegar a unha conclusión de que pode ser determinado como verdadeiro, falso ou posible. A partir dunhas premisas sacamos esa conclusión que normalmente é fiable, neste tipo de razoamento é case imposible debater sobre a concusión. Un exemplo sería: no caso dunha clasificación de alimentos, o do tipo lóxico ordenaríaos por, carnes, peixes, froita etc.

Outros tipos[editar | editar a fonte]

  • Razoamentos dedutivos (Conclusión referidas a premisas avaliadas)
  • Razoamentos indutivos (Conclusión con base en probabilidades)
  • Razoamentos non dedutivos (As premisas non dan por probable a conclusión)