María Xosé Porteiro
María Xosé Porteiro | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | María José Porteiro García |
Nacemento | 25 de maio de 1952 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritora, política e xornalista |
Cónxuxe | Xosé Antonio Perozo |
Fillos | Llerena Perozo Porteiro e Ozo |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Xosé Porteiro García, nada en Madrid o 25 de maio de 1952,[1] é unha xornalista, política e escritora galega de narrativa e ensaio. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu na capital de España de pai galego e nai asturiana. Pasou a súa infancia en Cuba[2] ata que a súa familia se instalou en Vigo.
Traballou na emisora de radio La Voz de Vigo e no xornal El Pueblo Gallego. Dirixiu o espazo informativo A bisbarra en Radio Popular de Vigo (1981-1985). Como periodista e escritora publica na La Voz de Galicia, El País e Tiempo. Foi xefa do Departamento de Prensa do Concello de Vigo.
Concelleira polo PSdeG en Vigo, foi tenente de alcalde (1987-1991) e (2003-2006),[3] deputada no Parlamento de Galicia (1989-1997) e no Congreso dos Deputados (2004-2007), onde foi voceira adxunta da comisión de exteriores. Desde o 1 de outubro de 2007 ata abril de 2009 foi delegada da Xunta de Galicia na Arxentina. Membro das Asembleas Parlamentarias do Consello de Europa. Desde xullo dese ano foi a directora do Museo del Ferrocarril de Madrid, posto que abandonou en 2010 para facerse cargo da dirección de Comunicación da Fundación Ferrocarriles Españoles.
En agosto do 2019 co apoio do Partido Popular e do Partido Socialista de Galicia é designada polo Parlamento galego como adxunta á Valedora do Pobo [4][5][6].
Presenta autores e autoras e realiza moderación como conferenciante de coloquios literarios no Club Faro de Vigo[7][8][9] e no Centro de Documentación de Recursos Feministas de Vigo[10].
Como escritora de ficción histórica destaca Sándalo, unha novela onde a autora recolle douscentos anos de percorrido na historia colectiva.[11][12] Premio Ernestina Otero 2020 concedido na cidade de Vigo polo seu labor e traxectoria.[13]
Obra en galego[editar | editar a fonte]
Novela[editar | editar a fonte]
- Covardes (2001, Ir Indo). Traducida ao castelán.[14]
- Sándalo (2019, Galaxia).[12][15][16][17]
- Buscando a Clara, da colección Historias para coñecermos Vigo, Ed. Elvira 2019.[18][19]
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas (1981, Colección Arealonga, Akal).[20]
- Quen é quen no Parlamento de Galicia (1981, Xerais).[20]
- Narradio: 56 historias no ar (2003, Xerais).[21]
- 100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura. (2016, edita Ramón Villares Paz).[22]
- Manuel Antonio e mais nós. Homenaxe a Manuel Antonio (2019, Ed. Hércules de Ediciones 2019).[23]
- Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.[24]
Obra en castelán[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Vine, vi y ... ¡hablé!. Las mujeres frente al discurso público (2012, Auga Editora).
Novela[editar | editar a fonte]
- Cobardes (2003, Ir Indo). Traducida do galego.[9][14][25]
- Sándalo (2020, Ed. Mar Menor, editorial do grupo Galaxia). Traducida do galego.[15][16][26]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "María Xosé Porteiro". www.aelg.gal. Consultado o 26/2/2019.
- ↑ Porteiro, María Xosé. “Para dar cun relato da emigración, hai que loitar contra o esquecemento, contra a amnesia inducida e sen mitificar nada”. Praza Pública. Entrevista con Alberto Ramos. Consultado o 24 de xuño de 2019.
- ↑ "María Xosé Porteiro presenta su renuncia como edil y será sustituida por Abel Losada". Faro de Vigo (en castelán). 31/10/2006. Consultado o 26/2/2019.
- ↑ Iglesias, Luis (2019-08-25). ""No es un reto, es una oportunidad maravillosa" María Xosé Porteiro". Cadena SER (en castelán). Consultado o 2019-12-16.
- ↑ Redacción (2019-08-01). "El Parlamento gallego elige a María Xosé Porteiro como adjunta a la Valedora do Pobo". España Exterior (en castelán). Consultado o 2019-12-16.
- ↑ "El PSdeG propone a María Xosé Porteiro como adjunta a la valedora do Pobo". Atlántico (en castelán). 2019-07-30. Consultado o 2019-12-16.
- ↑ Ocampo, Elena. "Traba y Oliveira: "El sexismo pervive en sentencias como 'la manada' de Manresa"". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-02-06.
- ↑ "Suspiros de España: El nacionalismo español, 1808-2018, Charlas y Conferencias en Vigo – Ocio en Faro de Vigo". ocio.farodevigo.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-02-06.
- ↑ 9,0 9,1 Franco, Fernando. "De las casas de lenocinio, holganza y malvivir". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-02-06.
- ↑ "María Xosé Porteiro presenta «Sándalo»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-10-22. Consultado o 2020-02-06.
- ↑ "A MÁIS LATINOAMERICANA DAS NOVELAS GALEGAS". Tempos Dixital. 2019-09-15. Consultado o 2020-02-06.
- ↑ 12,0 12,1 "Ramón Nicolás escribe sobre Sándalo, de María Xosé Porteiro". Editorial Galaxia. 2019-06-04. Consultado o 2020-02-06.
- ↑ "María Xosé Porteiro, premio Ernestina Otero por el 8-M". Atlántico (en castelán). 2020-02-28. Consultado o 2020-02-28.
- ↑ 14,0 14,1 "Cobardes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ 15,0 15,1 Región, La (2019-06-10). "María Xosé Porteiro: “Vuelve el momento de entender lo que es irse de casa, la emigración"". La Región (en castelán). Consultado o 2019-12-16.
- ↑ 16,0 16,1 OpenHost,SL. "María Xosé Porteiro: “De la emigración gallega no sabemos nada, pero debemos sentirnos muy orgullosos”". Crónicas de la Emigración (en castelán). Consultado o 2019-12-16.
- ↑ Adán, Carme (xullo, agosto, setembro 2019). "Relatos de vida ou a paixón da liberdade". Grial LVII (223): 77–78. ISSN 0017-4181.
- ↑ "BUSCANDO A CLARA Candeán - Cabral - A Madroa de Porteiro, María Xosé: ELVIRA EDITORIAL 9788494878640 - Imosver". www.iberlibro.com (en castelán). Consultado o 2020-02-06.
- ↑ Región, La (2019-06-10). "María Xosé Porteiro: “Vuelve el momento de entender lo que es irse de casa, la emigración"". La Región (en castelán). Consultado o 2020-02-06.
- ↑ 20,0 20,1 Con Xosé Antonio Perozo.
- ↑ "Marilar Aleixandre". www.aelg.gal. Consultado o 2020-02-06.
- ↑ "100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura". consellodacultura.gal (en inglés). Consultado o 2020-02-06.
- ↑ "Manuel Antonio e mais nós. Homenaxe a Manuel Antonio". Hércules Ediciones (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-02-06.
- ↑ "Libres e vivas". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-02-10.
- ↑ "María Xosé Porteiro guía un paseo literario por O Calvario". Faro de Vigo (en castelán). 23/4/2017.
- ↑ OpenHost,SL. "Consuelo Rumí y Pilar Pin arropan a María Xosé Porteiro en la presentación de su novela ‘Sándalo’ en Madrid". Crónicas de la Emigración (en castelán). Consultado o 2020-02-06.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Xosé Porteiro ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 457. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 345. ISBN 84-7492-465-0.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Texto sobre Covardes na publicación Narrativa 2001, páxina 213-230. "Narradores gelegos 2001" (PDF). www.cirp.gal. Consultado o 12/02/2020.
- María Xosé Porteiro na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Blog de María Xosé Porteiro, Cruz del Sur
- María José Porteiro: Síntesis Biográfica (en castelán).
- Ficha no Congreso dos Deputados
- Faladoiros Feministas: A nova misoxinia: a violencia simbólica - María Xosé Porteiro. Lugo 2018, en YouTube.
- Entrevistada en Praza Pública por Marcos Pérez Pena en 2020.
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE
- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Escritores en lingua galega
- Nados en Madrid
- Nados en 1952
- Concelleiros de Vigo
- Xornalistas de Galicia
- Feministas da igualdade
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia