Lista de xentilicios de concellos galegos
Aparencia
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A
[editar | editar a fonte]- Abadín: abadinés, abadinesa; o/a abadinense
- Abegondo: abegondés, abegondesa; o/a abegondense
- Agolada: agoladés, agoladesa; o/a aqualatense
- Alfoz: alfocego, alfocega; alfocés, alfocesa
- Allariz: o/a allaricense; allarizao, allarizá
- Ames: amesán, amesá
- Amoeiro: amoeirés, amoeiresa
- Antas de Ulla: seoanés, seoanesa; ullán, ullá; ullao, ullá
- Aranga: arangués, aranguesa
- Arbo: arbés, arbesa; o/a arbense
- Ares: aresán, aresá
- A Arnoia: arnoiao, arnoiá
- Arousa, A Illa de: arousán, arousá
- Arteixo: arteixán, arteixá
- Arzúa: arzuán, arzuá
- Avión: avionés, avionesa
B
[editar | editar a fonte]- Baiona: baionés, baionesa
- Baleira: baleirés, baleiresa
- Baltar: baltarés, baltaresa
- Bande: bandés, bandesa
- A Baña: bañés, bañesa; o/a bañense
- Baños de Molgas: molgao, molgá; molgués, molguesa; o/a molguense
- Baralla: barallés, barallesa
- Barbadás: barbadés, barbadesa; o/a barbalatense
- O Barco de Valdeorras: valdeorrés, valdeorresa
- Barreiros: barreirego, barreirega; barreirés, barreiresa
- Barro: barrés, barresa; barroso, barrosa
- Beade: beadés, beadesa
- Beariz: bearizao, bearizá; o/a bearicense
- Becerreá: becerrego, becerrega; o/a becerreense
- Begonte: begontés, begontesa; begontino, begontina
- Bergondo: bergondés, bergondesa
- Betanzos: betanceiro, betanceira; brigantino, brigantina
- Boborás: boborao, boborá; boborés, boboresa
- Os Blancos: blanqués, blanquesa; o/a blanquense
- Boimorto: boimortés, boimortesa
- Boiro: o/a boirense; boirés, boiresa
- A Bola: bolés, bolesa
- O Bolo: bolés, bolesa
- Boqueixón: boqueixonés, boqueixonesa
- Bóveda: bovedés, bovedesa; o/a bovedense
- Brión: brionés, brionesa
- Bueu: bueués, bueuesa
- Burela: burelao, burelá; burelés, burelesa
C
[editar | editar a fonte]- Cabana de Bergantiños: cabanés, cabanesa; bergantiñán, bergantiñá
- Cabanas: cabanés, cabanesa
- Caldas de Reis: o/a caldense
- Calvos de Randín: o/a calvense; o/a randinense
- Camariñas: camariñán, camariñá; camariñés, camariñesa
- Cambados: cambadés, cambadesa
- Cambre: cambrés, cambresa
- Campo Lameiro: campolameirán, campolameirá
- Cangas: cangués, canguesa; cangueiro, cangueira
- A Cañiza: o/a cañicense
- A Capela: capelao, capelá
- Carballeda de Avia: carballedés, carballedesa; aviao, aviá
- Carballeda de Valdeorras: carballedego, carballedega; valdeorrés, valdeorresa
- Carballedo: carballedés, carballedesa
- O Carballiño: carballiñés, carballiñesa
- Carballo: carballés, carballesa
- Cariño: cariñés, cariñesa
- Carnota: carnotán, carnotá
- Carral: carralés, carralesa
- Cartelle: cartellao, cartellá
- Castrelo de Miño: castrelao, castrelá
- Castrelo do Val: castrelexo, castrelexa
- Castro Caldelas: caldelao, caldelá
- Castro de Rei: castrexo, castrexa
- Castroverde: castroverdés, castroverdesa
- Catoira: catoirán, catoirá
- Cedeira: cedeirés, cedeiresa; o/a cedeirense
- Cee: ceés, ceesa; o/a ceense
- Celanova: celanovés, celanovesa
- Cenlle: cenllés, cenllesa; cenlleiro, cenlleira
- Cerceda: cercedés, cercedesa; o/a cercedense
- Cerdedo: cerdedés, cerdedesa; o/a cerdedense
- Cerdido: cerdidés, cerdidesa; o/a cerdidense
- Cervantes: cervantego, cervantega
- Cervo: o/a cervense; cervego, cervega
- Concello de Cesuras: cesurán, cesurá
- Chandrexa de Queixa: queixalao, queixalá; chandrexao, chandrexá
- Chantada: chantadés, chantadesa; chantadino, chantadina
- Coirós: coirés, coiresa; o/a coirense
- Coles: colés, colesa; o/a colense
- Corcubión: corcubionés, corcubionesa
- O Corgo: corgués, corguesa
- Coristanco: coristanqués, coristanquesa
- Cortegada: cortegao, cortegá
- A Coruña: coruñés, coruñesa; herculino, herculina
- Cospeito: cospeités, cospeitesa; cospeitego, cospeitega; o/a cospeitense
- Cotobade: cotobadés, cotobadesa
- Covelo: covelán, covelá; o/a covelense
- Crecente: o/a crecentense
- Culleredo: culleredés, culleredesa; o/a culleredense
- Cuntis: o/a cuntense
- Curtis: o/a curtense
D
[editar | editar a fonte]E
[editar | editar a fonte]- A Estrada: o/a estradense; estradés, estradesa
F
[editar | editar a fonte]- Fene: fenés, fenesa
- Ferrol: ferrolán, ferrolá; ártabro, ártabra; departamental
- Fisterra: fisterrán, fisterrá
- Folgoso do Courel: courelao, courelá
- A Fonsagrada: fonsagradino, fonsagradina; buroego, buroega; brañego, brañega
- Forcarei: forcareiés, forcareiesa
- Fornelos de Montes: fornelán, fornelá; o/a fornelense
- Foz: focego, focega; o/a focense
- Frades: fradés, fradesa; o/a fradense
- Friol: friolés, friolesa
G
[editar | editar a fonte]- Gomesende: gomesendeiro, gomesendeira; gomesendés, gomesendesa
- Gondomar: gondomarés, gondomaresa; o/a gondomarense
- O Grove: groveiro, groveira; o/a grovense
- A Gudiña: gudiñao, gudiñá
- A Guarda: guardés, guardesa
- Guitiriz: o/a guitiricense; guitiricés, guitiricesa
- Guntín: guntinés, guntinesa; pallarego, pallarega
I
[editar | editar a fonte]- A Illa de Arousa: arousán, arousá
- O Incio: inciao, inciá; o/a inciense
- O Irixo: irixao, irixá; o/a irixense
L
[editar | editar a fonte]- Lalín: o/a lalinense; lalinés, lalinesa
- A Lama: lameiro, lameira; lamoso, lamosa; o/a lamense
- Láncara: lancarao, lancará
- A Laracha: larachés, larachesa
- Larouco: laroucao, laroucá
- Laxe: laxés, laxesa; o/a laxense
- Laza: lazao, lazá; o/a lacense
- Leiro: leirao, leirá; o/a leirense
- Lobeira: lobeirao, lobeirá
- Lobios: lobián, lobiá; o/a lobiense
- Lourenzá: valego, valega; laurentiniano, laurentiniana
- Lousame: lousamán, lousamá
- Lugo: lugués, luguesa; o/a lucense
M
[editar | editar a fonte]- Maceda: macedao, macedá
- Malpica de Bergantiños: malpicán, malpicá
- Mañón: mañonés, mañonesa
- Marín: o/a marinense
- Maside: masidao, masidá
- Mazaricos: mazaricán, mazaricá
- Meaño: meañés, meañesa
- Meira: meirego, meirega; meirao, meirá
- Meis: meisiño, meisiña; o/a meisense
- Melide: melidao, melidá; o/a melidense
- Melón: melonés, melonesa
- A Merca: merqués, merquesa; o/a merquense
- Mesía: mesiés, mesiesa; o/a mesiense
- A Mezquita: mesquités, mesquitesa
- Miño: miñés, miñesa; o/a miñense
- Moaña: moañés, moañesa
- Moeche: modestino, modestina; moechés, moechesa
- Mondariz-Balneario: troncosiño, troncosiña; o/a mondaricense
- Mondariz: mondarizán, mondarizá; o/a mondaricense
- Mondoñedo: o/a mindoniense
- Monfero: monferés, monferesa
- Monforte: monfortino, monfortina
- Montederramo: montederramés, montederramesa
- Monterrei: monterreiés, monterreiesa; o/a montederreguense
- Monterroso: monterrosino, monterrosina
- Moraña: morañés, morañesa
- Mos: o/a mosense
- Mugardos: mugardés, mugardesa
- Muíños: muiñés, muiñesa
- Muras: murés, muresa; muresao, muresá
- Muros: muradán, muradá
- Muxía: muxián, muxiá
N
[editar | editar a fonte]- Narón: naronés, naronesa
- Navia de Suarna: naviego, naviega
- Neda: nedés, nedesa; o/a nedense
- Negreira: negreirés, negreiresa; o/a nigrariense
- As Neves: nevés, nevesa; o/a nevense
- Nigrán: nigranés, nigranesa
- As Nogais: nogalego, nogalega
- Nogueira de Ramuín: nogueirao, nogueirá
- Noia: noiés, noiesa
O
[editar | editar a fonte]- Oia: o/a oiense
- Oímbra: oimbrao, oimbrá
- Oleiros: oleirés, oleiresa; o/a oleirense
- Ordes: o/a ordense
- Oroso: orosán, orosá
- Ortigueira: ortigueirés, ortigueiresa; o/a urticariense
- Ourol: ourolés, ourolesa
- Outes: outés, outesa; o/a outense
- Ourense: ourensán, ourensá; o/a auriense
P
[editar | editar a fonte]- Paderne: padernés, padernesa
- Padrenda: padrendés, padrendesa
- Padrón: padronés, padronesa
- Palas de Rei: o/a palense
- Pantón: pantonés, pantonesa
- Parada de Sil: paradés, paradesa
- Paradela: paradelés, paradelesa; o/a paradelense
- O Páramo: paramés, paramesa
- A Pastoriza: pastoricego, pastoricega; o/a pastoricense
- Pazos de Borbén: paceiro, paceira; o/a pacense
- Pedrafita do Cebreiro: cebreirego, cebreirega
- Pereiro: pereirao, pereirá; pereirense
- A Peroxa : peroxao, peroxá
- Petín: petinés, petinesa
- O Pino: pinés, pinesa
- Piñor: piñorao, piñorá; o/a piñorense
- A Pobra do Brollón: brollonés, brollonesa; o/a pobrense; guímaro, guímara
- A Pobra de Trives: trivés, trivesa; o/a pobrense
- A Pobra do Caramiñal: o/a pobrense
- Poio: o/a poiense
- Pol: polego, polega; o/a polense
- Ponte Caldelas: pontecaldelán, pontecaldelá; caldelán, caldelá
- Ponteareas: ponteareán, ponteareá
- Ponteceso: pontecesán, pontecesá
- Pontecesures: cesurés, cesuresa
- Pontedeume: pontedeumés, pontedeumesa; eumés, eumesa
- Pontedeva: pontedevés, pontevedesa; o/a pontedevense
- A Pontenova: pontenovés, pontenovesa
- As Pontes de García Rodríguez: pontés, pontesa
- Pontevedra: pontevedrés, pontevedresa; teucrino, teucrina
- Porqueira: porqueirés, porqueiresa
- O Porriño: porriñés, porriñesa
- Portas: portés, portesa; o/a portense
- Porto do Son: o/a sonense
- Portomarín: o/a portomarinense
- Punxín: punxinés, punxinesa
Q
[editar | editar a fonte]- Quintela de Leirado: quintelán, quintelá
- Quiroga: quirogués, quiroguesa
R
[editar | editar a fonte]- Rábade: rabadés, rabadesa; o/a rabadense
- Rairiz de Veiga: rairizao, rairizá
- Ramirás: ramirao, ramirá; o/a ramiranense
- Redondela: redondelán, redondelá
- Rianxo: rianxeiro, rianxeira
- Ribadavia: o/a ribadaviense
- Ribadeo: o/a ribadense
- Ribadumia: o/a ribadumiense
- Ribas de Sil: o/a ribasilense
- Ribeira de Piquín: ribeirego, ribeirega
- Ribeira: ribeirán, ribeirá
- Riós: o/a orriolense
- Riotorto: riotortego, riotortega; o/a riotortense
- Rodeiro: rodeirao, rodeirá; cambote, cambota
- Rois: roisiño, roisiña; o/a roisense
- O Rosal: rosaleiro, rosaleira
- A Rúa: rués, ruesa
- Rubiá: rubiao, rubiá
S
[editar | editar a fonte]- Sada: sadés, sadesa; o/a sadense
- Salceda de Caselas: salcedán/salcedá; caseleiro/caseleira; o/a salcedense
- Salvaterra de Miño: salvaterrán, salvaterrá; o/a salvaterrense
- Samos: o/a samanense
- San Cibrao das Viñas: sancibrao, sancibrá; o/a cibrense
- San Cristovo de Cea: ceés, ceesa; o/a sedense
- San Sadurniño: sadurniñés, sadurniñesa; o/a saturniniense
- San Xoán de Río: riés, riesa
- Sandiás: sandiao, sandiá
- Santa Comba: santa combés, santa combesa; xalleiro, xalleira
- Santiago de Compostela: compostelán, compostelá; santiagués, santiaguesa
- Santiso: santiseiro, santiseira
- San Amaro: amarés, amaresa; o/a amarense
- Sanxenxo: sanxenxeiro, sanxenxeira; lilaino, lilaina
- Sarreaus: sarreau, sarreá
- Sarria: sarriao, sarriá
- O Saviñao: saviñao, saviñá
- Silleda: o/a silledense
- Sober: soberés, soberesa
- Sobrado: sobradés, sobradesa
- As Somozas: somocés, somocesa; o/a somocense
- Soutomaior: soutomaiorán, soutomaiorá; o/a soutomaiorense
T
[editar | editar a fonte]- Taboada: taboadés, taboadesa
- Taboadela: taboadelés, taboadelesa; o/a taboadelense
- A Teixeira: teixeirés, teixeiresa
- Teo: o/a teense
- Toén: toenés, toenesa
- Tomiño: tomiñés, tomiñesa
- Toques: toqués, toquesa; o/a toquense
- Tordoia: tordoiés, tordoiesa; o/a tordoiense
- Touro: tourés, touresa; o/a tourense
- Trabada: trabadés, trabadesa
- Trasmiras: trasmirao, trasmirá
- Trazo: tracés, tracesa; o/a tracense
- Triacastela: triacastelao, triacastelá
- Tui: o/a tudense
V
[editar | editar a fonte]- Val do Dubra: dubrés, dubresa; valdubrés, valdubresa
- O Valadouro: valadourés, valadouresa
- Valdoviño: valdoviñés, valdoviñesa
- Valga: valgués, valguesa
- Vedra: vedrés, vedresa
- A Veiga: veigués, veiguesa
- Verea: vereao, vereá; o/a vereense
- Verín: verinés, verinesa; o/a verinense
- Viana do Bolo: vianés, vianesa; o/a vianense
- O Vicedo: vicedao, vicedá; o/a vicedense
- Vigo: vigués, viguesa; olívico, olívica
- Vila de Cruces: carbiao, carbiá; crucés, crucesa; o/a crucense
- Vilaboa: vilaboés, vilaboesa
- Vilagarcía de Arousa: vilagarcián, vilagarciá; arousán, arousá
- Vilalba: vilalbés, vilalbesa; chairego, chairega
- Vilamarín: vilamarinés, vilamarinesa
- Vilamartín de Valdeorras: martinego, martinega; valdeorrés, valdeorresa
- Vilanova de Arousa: vilanovés, vilanovesa; arousán, arousá
- Vilar de Barrio: barriés, barriesa
- Vilar de Santos: vilasantés, vilasantesa
- Vilardevós: vilarexo, vilarexa; o/a vilarense
- Vilariño de Conso: vilariñés, vilariñesa
- Vilarmaior: vilarmaiorés, vilarmaioresa
- Vilasantar: vilasantarés, vilasantaresa[1]
- Vimianzo: vimiancés, vimiancesa; vimianceiro, vimianceira
- Viveiro: viveirés, viveiresa; o/a viveirense; o/a vivariense;
X
[editar | editar a fonte]- Xermade: xermadés, xermadesa
- Xinzo de Limia: limiao, limiá; limego, limega; límico, límica
- Xove: xovego, xovega; o/a xovense
- Xunqueira de Ambía: xunqueirao, xunqueirá
- Xunqueira de Espadanedo: xunqueirao, xunqueirá
Z
[editar | editar a fonte]- Zas: zaseiro, zaseira; o/a salense
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lado Lago, X. A. (2007): Libro de estilo do Concello de Santiago, páx. 166. Concellaría de Política Lingüística. Departamento de Lingua. C 1644-2007
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Costas González, X.-H. (2015). "Os xentilicios en galego". Na universidade en galego con seguridade (PDF). Eva M.ª Castro Figueiras; M.ª Cristina Rodríguez Ricart. Universidade de Vigo. pp. 76–92. ISBN 978-84-8158-696-1.
- Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7.