Catedral de Ourense
Coordenadas: 42°20′11″N 07°51′47″W / 42.33639°N 7.86306°W
A catedral de Ourense é un templo católico situado na cidade de Ourense, sede da diocese de Ourense.
[editar] Historia
Segundo a lenda, ten a súa orixe nun templo que mandou construír a mediados do século VI o monarca suevo Karriarico, en agradecemento a Martiño de Tours, ao que pediu axuda ao enfermar o seu fillo.
As incursións dos musulmáns destruírona, e volveuse a construír durante os séculos XII e XIII, en plena época do románico. Na súa forma actual comezouse a súa construción en 1160 e rematouse a mediados do século XIII.
[editar] Arquitectura
A catedral ten unha planta de cruz latina con tres naves.
Na entrada pola porta principal atópase o Pórtico do Paraíso que se asemella ao Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela, e que, xunto con el, representan os mellores conxuntos escultóricos das catedrais galegas. Este pórtico, a imaxe do compostelán, non sería un pórtico cunha funcionalidade de acceso ao templo, senón que pola súa posición trataríase dun nártice mirador, que non se converterá en portada de acceso no caso ourensán ata mediados do século XX.
Entre 1499 e 1505 construíuse por Rodrigo de Badajoz o ciborio que coroa o cruceiro con planta octogonal.
Das distintas capelas que ten a catedral, a máis importante é a do Santo Cristo, cunha imaxe moi venerada na cidade á que, segundo contan, médralle o pelo.
Na catedral tamén se atopa o Museo Catedralicio de Ourense no que se custodia o Tesouro de San Rosendo. Entre as pezas que o compoñen destaca o chamado Báculo de San Rosendo.
[editar] Galería de imaxes
- Véxase tamén: Galería de imaxes de Ourense#Catedral.