Francis Drake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francis Drake
1590 or later Marcus Gheeraerts, Sir Francis Drake Buckland Abbey, Devon.jpg
Inglaterra Sir Francis Frake
Datos persoais
Alcume: Draque / Draco (Dragón)
Nado: ca. 1640
Lugar: Inglaterra Tavistock, Devon, Inglaterra
Morto: 27 de xaneiro de 1596 (55 anos)
Lugar: Flag of Cross of Burgundy.svg Portobelo, Panamá
Información
Tipo: Corsario
Rango: Vice-almirante
Barco: Golden Hind
Bonaventure
Revenge
Lealdade: Inglaterra Inglaterra
Período: 1763 - 1793
Batallas: Guerra anglo-española
Gravelinas
Base: Mar Caribe
Riqueza: US$ 124,7 millóns actuais
2º pirata máis rico
Posterior: {{{traballo}}}

Sir Francis Drake, nado en Cronwdale en 1543 e finado en Portobelo (Panamá) o 28 de xaneiro de 1596, foi un corsario inglés e vicealmirante da Royal Navy británica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Sir Francis Drake naceu en Tavistock, Devon, fillo de Edmund Drake e a súa muller (nome descoñecido), que foron granxeiros protestantes. Durante a revolta católica de 1549 a familia viuse forzada a abandonar Kent. Á idade de 13 anos, Francis saíu ao mar nun cargueiro, converteuse en capitán á idade de 20 anos.

Viaxes[editar | editar a fonte]

Aos 23, Drake realizou a primeira das súas viaxes polo Novo Mundo, coa axuda da familia Hawkins de Playmouth, en compaña do seu primo segundo, John Hawkins. Xuntos, Hawkins e Drake, fixeron a primeira expedición inglesa para comerciar con escravos. A pesar de existir unha tregua formal entre ambas as coroas de España e Inglaterra, durante aquela época os incidentes armados entre ambas as potencias mariñas fixéronse máis violentos e frecuentes, ata que finalmente desembocaron no desastre inglés de San Juan de Ulúa (1568), cando a flota ao mando de Hawkins e de Drake foi atacada pola flota española en Nueva España, nun ataque sorpresa cando días antes se declarara unha tregua. Este feito case lle custa a vida ao propio Drake. Dende ese día Drake estivo en guerra co Imperio Español para o resto da súa vida. Os españois considerábano un pirata, os ingleses dicían que era un mariñeiro.

Acompañado, segundo conta a lenda, dunha tripulación formada por franceses e escravos africanos, conseguiu unha inmensa fortuna en ouro, pero, como o propio Drake contaba, tivo que deixar atrás un importante botín en prata xa que era demasiado pesado para levalo a Inglaterra. Durante esta expedición a Nombre Díos, Drake subiu a unha inmensa árbore no istmo das montañas de Panamá e así converteuse no primeiro inglés en ver o océano Pacífico.

Cando Drake volveu a Inglaterra o 9 de agosto do 1573, os escasos 30 mariñeiros que volveron xunto a el eran todo ricos de por vida. A Raíña Isabel que patrocinaba as súas expedicións e incursións asinara unha tregua temporal polo que non podía recoñecer oficialmente os actos de Drake.

Estreito de Magalhães[editar | editar a fonte]

Mapa da ruta de Drake ao redor do mundo

Drake foi o primeiro inglés en cruzar o estreito de Magalláns, en dar a volta ao mundo (1580). A raíz disto iniciou unha campaña propagandística para facer ver que el fora o primeiro home en circunnavegar a Terra, ignorando por completo que o español Juan Sebastián Elcano lograra a fazaña (inconclusa por Fernão de Magalhães) case 60 anos antes. Pretendeu tamén ser o primeiro en descubrir que Tierra de Fuego non era parte do continente senón un arquipélago, pero numerosos documentos de navegantes españois proban que esta foi só outra das súas ególatras pretensións. Ademais disto, a pesar de que o explorador español Francisco de Hoces descubrira o estreito chamado Mar de Hoces moito antes en 1525.

Sir Francis Drake (sobre 1581)

Tras as súas longas viaxes e un botín que como contaba Drake podía chegar aos 25 barcos, dedicouse á piratería nas Antillas e a súa volta a Inglaterra atacou e saqueou Cádiz en 1587, destruíndo mais de 30 barcos destinados á Armada Invencible. Isto retrasou os planos de invasión de Inglaterra un ano máis. Polos seus logros foi nomeado Vicealmirante pola raíña Isabel I, que mentres afirmaba ante os embaixadores españois non ter nada que ver coa piratería, seguía financiando discreta e xenerosamente as campañas de Drake.

Francis Drake loitou contra a Armada Invencible que intentaba invadir Inglaterra no 1588. A pesar de que finalmente Drake se retirou da loita, unha lenda inglesa conta que Drake xogaba ós bolos en Plymouth cando recibiu noticias de que a flota española se acercaba, ao cal repuxo que primeiro terminaría a partida e despois derrotaría os españois.

En Galicia e Portugal[editar | editar a fonte]

Na viaxe a Portugal para liberala da ocupación, Drake desembarca e saquea A Coruña, sábsese que despois o corsario inglés desembarcou nas Illas Cíes. Fracasa en iniciar a revolta dos portugueses contra Filipe II. Ao non conseguir ocupar Lisboa, Drake embárcase nunha longa e desastrosa campaña contra a América Española, na que sofre varias derrotas consecutivas. Cando cumpre co encargo de atacar Puerto Rico, os artilleiros españois do castelo de El Moro alcanzan a ponte do seu barco, aínda que Drake sobrevive. Pouco despois, atacou de novo San Juan de Puerto Rico, e volveu a saír derrotado. Ante as grandes perdas económicas e humanas da súa campaña contra os portos fortificados españois, probou sorte coas poboacións desprotexidas. Finalmente morreu de disentería. Existen historiadores que sosteñen que en realidade Drake foi envelenado por algún dos seus homes. A súa tripulación saqueou e queimou a indefensa cidade de Portobelo na súa honra. Tras a súa morte, as campás das igrexas de Castela replicaron como símbolo de celebración. Miguel de Cervantes e Francisco de Quevedo dedicaron versos á morte do máis innobre inimigo de Filipe II.

Actualidade[editar | editar a fonte]

A casa onde naceu e viviu ata aventurarse polos mares encóntrase actualmente ao borde dunha estrada secundaria a uns cen quilómetros ao oeste de Londres. Hoxe está convertida nunha hostalería.