Centro Comercial As Cancelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°53′20.28″N 8°31′35.89″O / 42.8889667, -8.5266361

Centro Comercial As Cancelas

CC As Cancelas Santiago de Compostela.
Fundación15 de novembro de 2012
MatrizCarrefour Property España e REALIA
LocalizaciónAv. Camiño Francés, 3 Santiago de Compostela (A Coruña) Galicia Galicia
FundadorAs Cancelas Siglo XXI
Persoas claveAbraham Cano (Xerente)
IndustriaServizos
Número de empregados1.500[1]
editar datos en Wikidata ]

O Centro Comercial As Cancelas é un recinto de tendas e lecer na cidade de Santiago de Compostela. Foi inaugurado o 15 de novembro de 2012, converténdose no terceiro centro comercial da capital galega, despois de Área Central (1993) e o CC Compostela (1998). O edificio está situado no norte da cidade, na Av. Camiño Francés, a carón da entrada do Camiño de Santiago no núcleo urbano da cidade. Recibe o seu nome por estar construído ó pé do monte das Cancelas.

A superficie comercial total de As Cancelas é de 50.800 metros cadrados, dividida en 3 andares, cun total de 114 locais. No primeiro andar atópase un hipermercado e outros 46 locais de tendas variadas. No segundo andar atópanse principalmente tendas de roupa, calzado e complementos. Pola súa banda, o terceiro andar está enfocado ó lecer e á restauración. No soto hai dous andares de aparcadoiro con capacidade para 2.150 coches.

A construción do recinto foi promovido polas inmobiliarias Carrefour Property España e REALIA ó 50% cada unha, a través da sociedade "As Cancelas Siglo XXI".

Locais comerciais[editar | editar a fonte]

Planta baixa[editar | editar a fonte]

Planta primeira[editar | editar a fonte]

Planta segunda[editar | editar a fonte]

  • Boroa - New Roz
  • Burger King
  • Cervecería Internacional
  • Cinesa
  • Fosters Hollywood
  • Lois Cervecería
  • Muerde la Pasta
  • Oh my good
  • Pizzbur O Códice
  • Solpark
  • Xi Yue

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]