Sancristía
A sancristía é, nas igrexas cristiás occidentais, unha habitación na que se gardan os obxectos que son necesarios para a misa, por exemplo hostias sen consagrar, cálices, casullas, etc, polo que adoita estar pechada ao público. En especial é empregado polo párroco e demais oficiantes como lugar para realizar as preparacións necesarias e para cambiarse antes e logo da misa. A sancristía está habitualmente ao cargo dun sancristán.
O rexistro parroquial consérvase a miúdo na sancristía.
As sancristías teñen habitualmente unha pía especial, ou sacrarium, cuxo desaugadoiro vai directamente ao chan. Esta pía emprégase para lavar os lenzos empregados durante a celebración da misa e outros elementos empregados durante a comuñón.
Normalmente está situada dentro da igrexa, pero pode atoparse nunha anexo ou nun edificio separado (como nalgúns mosteiros). Na maioría das igrexas antigas a sancristía atópase preto dun dos retablos laterais ou máis habitualmente detrás ou á beira do retablo maior. En igrexas máis modernas a sancristía atópase a miúdo noutro lado, como a entrada da igrexa.
Algunhas igrexas posúen máis dunha sancristía, cada unha das cales terá unha función específica. A miúdo as sancristías adicionais son empregadas para o mantemento da igrexa e os seus obxectos, como veas, etc.
Nas igrexas cristiás de oriente, emprégase a parte da igrexa onde se atopa o altar, separada polo Ikonostasis, polo que non existe a sancristía como tal.
Outros usos [editar]
Viticultura [editar]
A sancristía é a parte dunha adega onde se gardan os viños máis antigos e/ou os máis prezados. É moi común en adegas que fabrican viños olorosos e amontillados, de igual xeito tamén se atopan en localizacións moi concretas da provincia de León, en especial na zona de Valdevimbre, ao sur da mencionada capital.