Absidiola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema da planta de unha catedral coas absidiolas destacadas

En arquitectura denomínase absidiola ou ábsida secundaria, a unha ábsida que parte da ábsida principal e acolle unha capela dun edificio relixioso, especialmente difundida nas catedrais do estilo románico e gótico durante a Idade Media.

Varias capelas de dimensión inferior dispostas arredor da ábsida á que se abren no interior. Esta disposición pode ser en forma circular ou poligonal, consoante coa planta e características da ábsida á que se abren.

No caso de existir un deambulatorio que rodea a ábsida as ábsidas secundarias abriranse a este. O número de absidiolas más común é de tres, podendo variar segundo as dimensións do templo, adoptando a forma semicircular, ou as veces, pentagonal.

Planta da Catedral de Santiago no século XII onde se poden ver as cinco absidiolas

En termos de difusión xeográfica denótase unha clara centralización do seu emprego no continente europeo (especialmente en Francia), sendo moi limitado o seu uso en Inglaterra.

É un recurso arquitectónico moi empregado nos templos de peregrinación xunto co deambulatorio.

Elementos da arquitectura eclesiástica
Áreas: Ábsida | Absidiola | Adro | Claustro | Coro | Cruceiro | Deambulatorio | Nártex | Nave | Presbiterio | Sancristía | Transepto
Exterior: Arcobotante | Arquitrabe | Arquivolta | Cabeceira | Campanario | Canzorro | Chapitel | Contraforte | Espadana | Fachada | Gárgola | Nicho | Pináculo | Portada | Porta | Tiburio | Tímpano | Xamba
Interior: Altar | Arcada | Bóveda | Capitel | Ciborio | Columna | Cruxía | Cuncha | Cúpula | Galería | Hemiciclo | Imaxinería | Mosaico | Pavimento | Piar | Retablo | Rosetón | Tribuna | Triforio | Vitral
Outros: Arco | Baixorrelevo | Cogullo | Florón | Gablete | Lobo | Tramo | Trazaría