Pantocrátor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na imaxinería relixiosa cristiá, o atributo pantocrátor aplícase para referirse a Deus pai omnipotente ou tamén a Cristo. O termo vén do grego pantokrátor -átoros, formado de pâs pantós, todo, e dun derivado de krátos, forza, poder, de onde o seu significado de todopoderoso. Na mitoloxía grega era un atributo de Zeus.

Representouse xa na arte bizantina e románica, na forma de Deus bendecindo ó espectador coa man dereita levantada; na man esquerda sostén os Evanxeos. Pode aparece-la figura completa, sentada no trono, ou só o busto. Cando representa a figura de Deus pai adoita mostra-lo fillo, Xesus, no colo. Sexa como for, a figura inscríbese –case sempre- nun cerco oval en forma de améndoa, denominado mandorla, coas figuras dos catro evanxelistas ó redor formando o tetramorfo: Mateo (home), Marcos (león), Lucas (boi) e Xoán (aguia).

Nas igrexas cristiás pode aparecer esculpido no tímpano da portada ou pintado na parede central ou na bóveda da ábsida.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pantocrátor

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]