Catedral de Santa María de Tui
Coordenadas: 42°2′45.52″N 8°38′40.59″W / 42.0459778°N 8.6446083°W
| Catedral de Santa María de Tui | ||
|---|---|---|
Catedral, na parte alta da cidade de Tui. |
||
| Tipo | Catedral | |
| Advocación | Virxe María | |
| Situación | Tui | |
| Culto | Igrexa Católica | |
| Diocese | Diocese de Tui-Vigo | |
| Construción | ||
| Estilo arquitectónico | ||
| Catalogación | Ben de Interese Cultural | |
A Catedral de Santa María de Tui é un templo católico situado na cidade de Tui, pola que pasa o río Miño. En época sueva Tui converteuse en sede episcopal, e a construción da Catedral foi iniciada no século XII, aproximadamente no ano 1120 e foi rematada no 1180, en plena época de estilo románico. É a sede da diocese de Tui-Vigo, e foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1931[1].
Índice |
[editar] Arquitectura
A catedral é o máximo expoñente do patrimonio artístico de Tui. Sitúase na parte máis alta da localidade, na croa do antigo castro Tide que debeu existir antes do inicio da nosa era.
Da época do románico consérvase a planta, a portada norte e a iconografía dos capiteis. Tamén contén elementos de estilo gótico nunha das partes principais de calquera catedral, na fachada principal, datada aproximadamente no ano 1225. Este dato ten importancia, xa que foi a primeira construción de estilo gótico de toda a Península Ibérica.
[editar] Pórtico Real
Situado na fachada oeste, con iconografía de mediados do século XIII. Ten oito pares de columnas con estatuas de San Xoán, San Pedro, Isaías, Moisés, Daniel, Xeremías ou ben Berenguela e Fernando I ou Fernando II e Urraca de Portugal.
No tímpano desta fachada pódense contemplar as seguintes escenas (ver imaxe á dereita):
- Adoración dos Pastores (nun plano inferior).
- No Centro os Magos levan presentes a Xesús baixo unha representación da Xerusalén celeste.
[editar] Interior
No interior pódese ver:
- Retablo da expectación.
- Altar relicario.
- Órgano.
- Estes dous últimos son do século XVIII.
- Coro realizado en 1699 polo leonés Castro Canseco con decoracións alusivas á vida de San Telmo, patrón da cidade.
- Museo Catedralicio. Cunha grande colección de arte sacro entre a que destacan unha Virxe co Neno do século XIV e unha Imaxe da Virxe Preñada
- Copón de coco (século XV).
- Talla da Virxe da Patroa (século XIV).
- Fragmento de Retablo Maior (1520).
- O claustro, é o único gótico conservado orixinalmente de toda Galicia. Construído no século XIV con arcadas oxivais e bóveda de crucería.
- Sala capitular románica (século XII).
- Torreón dos Soutomaior.
[editar] Capelas
- Maior
- Do Sacramento
- De San Telmo, no lado sur da cabeceira. Foi construída no século XVI e ampliada no XVIII, e conserva no seu interior os sepulcros de diversos bispos ademais do relicario coa cabeza de San Telmo
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes da Catedral de Tui.