Pedro I de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Pedro
Escultura de alabastro de Pedro I, 1504.
Rei da Coroa de Castela
Reinado 1350–1366 / 1367-1369
Predecesor Afonso XI
Sucesor Henrique II de Trastámara
Rei de Galiza
Reinado 1350–1369
Predecesor Afonso XI
Sucesor Fernando I de Portugal
Cónxuxe Branca de Bourbon
Xoana de Castro
Descendencia
Constanza, duquesa de Lancaster
Sabela, duquesa de York
Casa Casa de Borgoña
Pai Afonso XI de Castela
Nai María de Portugal
Nacemento 30 de Agosto de 1334
Burgos, Castela
Falecemento 23 de Marzo de 1369
Montiel, Toledo

Pedro I de Castela, o Cruel ou o Xusticeiro, nado en Burgos en 1334 e finado en Montiel, Cidade Real, en 1369, foi rei de Castela e León entre o 26 de marzo de 1350, pouco antes de facer os 16 anos, até a súa morte en 1369. A finais do seu reinado ostentaba os títulos de rei de Castela, Toledo, León, Galiza, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, o Algarve, Alxeciras e señor de Biscaia e de Molina.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Segundo fillo de Afonso XI de Castela e a súa segunda esposa María de Portugal. Nada máis nacer foi nomeado herdeiro do reino tras a morte, un ano antes do seu nacemento, do seu irmán maior o infante Fernando de Castela.

Guerra civil[editar | editar a fonte]

O inicio do seu reinado estivo marcado pola debilidade do poder real ante os diversos fillos que o seu pai Afonso XI tivera con Elionor de Guzmán; os infantes de Aragón, curmáns do rei; e pola súa propia nai. En 1354 sufriu unha revolta iniciada polo seu medio irmán Henrique de Trastámara e debeu fuxir a Francia. En 1366 pero co apoio da Coroa de Aragón e da propia Francia volveu a Castela a facerse novamente co poder. Isto propiciou o inicio da Guerra Civil castelá entre os dous irmáns polo poder real. A medida que Pedro ía conquistando cidades foi executando os sublevados, motivo polo cal o denominaron o Cruel.

Casamento[editar | editar a fonte]

Casou en 1351 en Francia e despois en Valladolid o 3 de xuño de 1353 con Branca de Bourbon (1339-1361), envelenada en Medina Sidonia, 2ª filla de Sabela de Valois (1313-1383) (filla de Matilde de Chatillon, condesa de St-Pol e de Carlos I de Valois e, por tanto neta de Filipe III de Francia e de Sabela de Aragón) e de Pedro I, duque de Bourbon (1312-1356). Era irmá xemelga da Raíña Xoana de Bourbon, esposa de Carlos V de Francia. Non tiveron descendencia.

Branca trouxo unha dote de 300 mil floríns de ouro. O seu séquito, comandado polo vizconde de Narbona, chegou a Valladolid en 25 de febreiro de 1353, mais Pedro estaba en Torrijos, con María de Padilla, a piques de parir. En 3 de xuño tivo lugar a cerimonia da voda, apadriñada por don Juan Afonso de Albuquerque e Leonor de Aragón. Tres días máis tarde, o rei volveu para Puebla de Montalbán, onde o esperaba María de Padilla. Houbo despois unha reconciliación de breves días en Valladolid, Pedro partiu para Olmedo e non volvería a ver á súa esposa. María de Portugal levou a nora para Tordesillas e despois para Medina del Campo, mais o marido fíxoa encerrar en Arévalo e no alcázar de Toledo. Don Juan Nuñez del Prado e don Juan Afonso de Albuquerque éranlle simpáticos. O partido político adverso a Pedro explotou o traxe de que el, secretamente, mentres Branca vivía, se casou con María de Padilla. Don Beltrán de la Sierra, nuncio do papa, intimou o rei a retomar Branca, así como esixiu súa tía Leonor de Aragón. O rei non obstante a mantivo presa, levándoa de Siguenza para Jerez de la Frontera e para Medina Sidonia e alí ela foi asasinada polo besteiro Xoán Perez de Rebolledo. Con iso alienou Carlos V de Francia, cuxa muller era xemelga de Branca, e deu pretexto á intervención da Francia (du Guesclin) en favor do bastardo Henrique de Trastámara, futuro rei.

Casou despois secretamente coa súa amante María de Padilla (1335- 1361 en Sevilla) - Branca aínda vivía. Era filla de Xoan Garcez de Padilla, en 1355 señor de Villagera, e de Maria de Henestrona. A desgraza do rei foi esta paixón. A amante, de familia nobilísima, tivo del cinco fillos até a peste de 1361, que a levou, semanas despois do asasinato da raíña.

En 1354 casouse en Cuellar, mentres aínda vivían as dúas esposas, con D. Xoana de Castro, señora de Ponferrada (1325), morta en 1374 en Galicia, que era viúva de Diego de Haro, señor de Biscaia, e filla de D. Sabela Ponce de Asturias e de Pedro Fernandes de Castro, o da Guerra, cabaleiro do reino de Galiza, señor de Lemos e, por tanto, media-irmá de Inés de Castro, amante e despois esposa de Pedro I de Portugal, e por tanto, tía de Pedro I de Castela.


Notas[editar | editar a fonte]

Pedro I de Castela
Nacemento: 30 de Agosto de 1334 Falecemento: 23 de marzo 1369


Títulos Reais
Precedido por
Afonso XI


Rei de Castela, Toledo, León, Sevilla,
Murcia, Córdoba, Xaén e de Alxeciras

1350–1369
Sucedido  por
Henrique II de Trastámara
Rei de Galiza
1350–1369
Sucedido  por
Fernando I de Portugal