Pavillón Municipal de Santa Isabel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Pavillón Municipal de Santa Isabel é un recinto deportivo de Santiago de Compostela, pertencente ó Complexo Deportivo de Santa Isabel, e xestionado polo concello. Ten capacidade para acoller 1.290 persoas sentadas. Ata a construción do Pavillón Multiusos Fontes do Sar en 1998, o de Santa Isabel foi o principal pavillón cuberto multiusos da cidade, e nel teñen xogado como locais ducias de encontros os principais equipos de baloncesto e fútbol sala santiagueses, como Obradoiro CAB ou Lobelle FS, entre outros.

Actualmente o pavillón acolle encontros de baloncesto e fútbol sala en categorías rexionais, ainda que a súa superficie de parqué podería acoller competicións de voleibol e balonmán se fose preciso.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]