Peregrinación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peregrinos chegando á Meca
Peregrinación a Compostela, peregrinos seguindo as setas amarelas chegando a Salamanca

Unha peregrinación é unha viaxe feita por devoción ou promesa[1] normalmente a un santuario ou lugar sagrado con importantes connotaciones relixiosas. É, tamén, unha viaxe efectuada por un crente (ou grupo de crentes) deica un lugar de devoción ou un lugar considerado como sagrado segundo cadansúa relixión.

O termo peregrinación provén do latín peregrinatio e significa viaxe ao estranxeiro ou estanda no estranxeiro. Segundo as orixes etimolóxicas, o peregrino é o expatriado ou exiliado. O desprazamento, xeralmente a pé, de homes e mulleres cara lugares sagrados é unha práctica común de todas as relixións e culturas, un fenómeno universal da antropoloxía relixiosa. En galego tamén se emprega a palabra romaría, aínda que se sóese referir a festa popular en que a xente acode a un santuario por motivos relixiosos e, ao mesmo tempo, divírtese[2].

É de sona mundial a peregrinación, o hajj, dos fieis musulmáns á Meca, a peregrinación dos fieis católicos a Santiago de Compostela, ou a Shalosh Regalim, a dos observantes xudeus a Xerusalén, durante as tres festividades de Pésaj, Shavuot e Sucot. A peregrinación pódese realizar por mera profesión de fe ou coma método para expiar algún pecado segundo a relixión practicada, e incluso coma agradecemento por peticiones concedidas á figura relixiosa pertinente.

Tamén é peregrinación visitar unha capela ou lugar que custodie reliquias sagradas. A Biblia fala do peregrinar no Salmo 122 (121):

Que ledicia cando me dixeron:

Imos á casa do Señor.

Xa están a pisar os nosos pés

Os teus limiares, Xerusalén.

A última visita de Xesús a Xerusalén, sendo observante da lei xudía, foi coma peregrino durante a festa de Pésaj.

Cristianismo[editar | editar a fonte]

Fisterra, destino de peregrinacións europeas prehistóricas

As máis antigas descricións de peregrinacións cristiás e de peregrinaxe a Terra Santa remóntanse ao século IV.

Os tres principais lugares de peregrinación cristiá son:

En Galiza son importantes, ademais de Compostela, outros lugares de peregrinación, entre os que salienta: o santuario de Santo André de Teixido, así coma outros lugares onde se celebran romarías ancestrais, moitas veces provenientes de ritos e lugares de peregruinación pagáns (véxase o artigo Romaría).

Entre outros lugares importantes de peregrinación cristiá atópanse:

Islamismo[editar | editar a fonte]

Hajj

A peregrinación á Meca —o Hajj— é un dos cinco piares do Islam. Cómpre realizala polo menos unha vez na vida de todos os musulmáss aptos. Ademais da Meca, a maioría dos xiítas emprenden unha peregrinación á cidade santa de Mashhad, ao noreste de Irán. O hajj é unha viaxe interior ao Kab'ah do corazón e a alma.

Ziyarat

As tradicións de peregrinacións locais -aquelas emprendidas como visitas ziyarat a tumbas achegadas- atópanse estendidas por todos os países musulmáns. Nalgúns deles, as tumbas de santos e heroes teñen fortes tradicións ziyarat, xa que visitar tumbas en momentos axeitados é unha demostración de identidade social e nacional.

Algunas tradicións islamistas amosan actitudes negativas ao costume de visitar tumbas.

Hinduísmo[editar | editar a fonte]

Existen moitos lugares santos de grande importancia para os hinduístas. Cítanse algúns deles:

Os hinduístas cren que acudir a estes lugares conduce á moksha, a liberación do ciclo do renacemento, o samsara.

Bahaísmo[editar | editar a fonte]

Bahá'u'lláh, no sagrado libro Kitáb-i-Aqdas, recomendou a peregrinación (hajj) a dous lugares: a Casa de Baha’u’llah, en Bagdad (Iraq) e a Casa do Báb en Shiraz (Irán). Nestas dúas etapas separadas, coñecidas co nome de Suriy-i-Hajj, Bahá’u’lláh prescribiu uns ritos específicos para cada unha delas. A peregrinación é de obriga para os homes que están capacitados para realizala, mais os crentes teñen a liberdade de elixir entre os dous lugares. A peregrinación non é de obriga para as mulleres, mais tampouco lles está prohibida. Actualmente estes dous lugares de peregrinación son inaccesíbeis para os bahá’is.

Máis tarde, Abdu'l-Baha designou a tumba de Bahá’u’llah en Bahji a Alquibla como un lugar de peregrinación (ziyarat) adicional. Ningún rito específico recomendouse para este lugar.

América Central[editar | editar a fonte]

O concepto da peregrinación xa se coñecía na época precolombina. Os lugares máis importantes de peregrinación son:

Teotihuacán (visitado incluso séculos despois de que os seus edificios foran ruínas), elixido por ser o lugar onde se achaban todos os deuses xuntos para protexer a creación da humanidad.

Chichén Itzá, o cenote sagrado, un pozo natural consagrado ao deus maia Chac (deus da choiva) e lugar de sacrificios.

Izamal consagrado ao deus creador Itzamná.

Cozumel, consagrado a Ixchel, deusa da lúa e da xestación.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véaxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peregrinación

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]