Arquitectura neogótica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Santiago, Mondoñedo

O estilo arquitectónico neogótico refírese ao movemento xurdido no século XIX, pexorativamente denominado como pseudogótico, consistente na arquitectura realizada a imitación da gótica medieval. Polo seu común rexeitamento ao racionalismo neoclásico, é un estilo vencellado co romanticismo, e polas súas implicacións políticas, co nacionalismo. Como arquitectura historicista é unha reelaboración que reproducía o linguaxe arquitectónica propio do estilo gótico con formas máis ou menos xenuínas.

Apareceu en Inglaterra a mediados do século XVIII. No século XIX a Europa continental viviu unha auténtica febre neogótica que restaurou e completou catedrais, como a de Barcelona. En 1836 construiríase neste estilo o Parlamento de Londres. En Francia destacou o labor restauradora e reconstructora do francés Eugène Viollet-le-Duc.