Catedral de Mondoñedo
Coordenadas: 43°25′41″N 07°21′45″W / 43.42806°N 7.3625°W
A catedral de Mondoñedo é un templo católico da vila de Modoñedo, unha das sés episcopais da diocese de Mondoñedo-Ferrol xunto coa concatedral de Ferrol. Foi declarada Monumento Nacional en 1902 e nomeada basílica por Xoán XXIII cunha bula datada o 9 de marzo de 1959.
Índice |
[editar] Historia
A mediados do século IX un conxunto de monxes asentouse xunto ao Cantábrico. Afonso III deu o seu beneplácito ao asentamento configurando en certa forma a nova diocese.
No 866, o bispado de Lugo cedeu terreos ao norte do seu bispado, próximo ao Mar Cantábrico, dando orixe á diocese mindoniense e creándose o Mosteiro de San Martiño de Mondoñedo como sede da mesma.
Debido á súa proximidade ao mar e o perigo de incursións dos pobos de norte (normandos e viquingos), os bispos pensaron na necesidade de trasladarse a terras do interior.
Os bispos da sede mindoniense conseguiron por parte do Papa e os reis trasladar a sede da diocese á actual Mondoñedo ao redor 1112. Entón decidiron a necesidade do inicio da construción da actual catedral.
[editar] Características
O actual templo, de estilo románico comezouse a construír en 1219 e en 1246 estaría avanzada a obra, aínda que se concluíu durante os séculos XIII e XIV. Estivo aberta ao culto desde 1225 e foi consagrada no 1248. A catedral na súa estrutura inicial tiña tres ábsidas; a maior e dúas menores.
Como outras catedrais do momento como a de Lleida, Tarragona, Tudela ou Sigüenza foron construídas seguindo no estrutural ao modelo francés do Languedoc. Trátase dun edificio cun estilo de transición entre o románico e o gótico do que non chega a adoptar gran parte dos seus avances e no que a robustez do románico prima sobre o naquel momento imperante estilo gótico.
A catedral actual é un edificio de tres naves, con bóveda de crucería nervadas, baixas e moi abertas, sobre arcos apuntados, cun cruceiro destacado.
No século XVI derrubáronse as dúas capelas absidiais laterais para construír un deambulatorio rectangular. No século XVIII aumentáronselle os brazos do cruceiro.
A fachada do templo componse de tres grandes oxivas que se corresponden coas tres naves.A fachada occidental posúe un rosetón do século XIV de 5 metros de diámetro con vidreiras policromadas. Está flanqueada por dúas impoñentes torres e posúe de importantes escudos.
No interior atópase o museo de arte sacra, que é un dos máis importantes de Galicia e atópase situado nas naves laterais do templo.
O seu retablo maior posúe dous corpos,o primeiro corpo está dedicado á Asunción da Virxe e o segundo ao misterio da Santísima Trindade. Este retablo foi decorado por Fernando de Terán.
Durante a idade media construíuse un coro de pedra que foi substituído a principios do século XVI por un de madeira. Neste século tamén se construíu a xirola e a finais do mesmo a sancristía.
O claustro é do século XVII, en estilo renacenstisa, posúe planta cadrada e está rodeado de arcos de medio punto con columnas dóricas. Foi reconstruído por Diego Ibáñez Pacheco. Foi realizado entre 1636 e 1640 substituíndo ao antigo claustro medieval.
No século XVIII remodelouse a fachada e engadíronse as torres que a barroquizaron, por orde do bispo don Xoán Muñoz.
[editar] Estilos
A catedral posúe varios estilos debido ás sucesivas ampliacións e reformas ao longo do tempo. Foi construída sobre bases románicas, aínda que sufriu ampliacións barrocas.
Na porta principal e a ábsida maior pódense ver as súas orixes románicas.
Doutra banda tanto o cruceiro e a sancristía son de estilo gótico, así como o rosetón da fachada occidental.
As pinturas da nave central situadas baixo os órganos tamén se enmarcan no estilo gótico. Entre estas pinturas cabe destacar a pertencente á escena da Degolación dos Inocentes. A cantería do coro tallada en madeira de nogueira pertence igualmente a este estilo.
O claustro reformado a principios do século XVII é de estilo clásico, consta dun só andar con arcos de medio punto e columnas dóricas. No centro existe un cruceiro gótico, que probablemente pertencía ao primitivo claustro.
O retablo maior actual, obra de Fernando de Terán é rococó con columnas neoclásicas.
[editar] Museo
Inaugurado en 1969, está dividido en cinco salas.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Basilio Cegarra (1992), Guía da arte de Galicia, Vigo: Galaxia. ISBN 9788471548474.