Arcosolio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arcosolio no cubículo de Tellus, hipoxeo da Vía Dino Compagni, en Roma.

Arcosolio (do latín arcus, arco, e solium, sepulcro, sarcófago) é un termo arquitectónico aplicado a un nicho cuberto cunha bóveda en arco que se empezou a usar como lugar de soterramento nas catacumbas.

Historia[editar | editar a fonte]

O arcosolio era unha tumba, de forma abovedada, destinada a personaxes notables como santos e mártires. Nestas tumbas, a parte máis ensanchada ou galería con arcosolios, servía de capela funeraria. As capelas a miúdo estaban decoradas con pinturas murais e esculturas. Utilizáronse con bastante frecuencia durante o século III en Roma.

A partir do século XIII vólvese a utilizar este tipo de tumbas, situadas agora nas paredes das igrexas. O nicho no que se introduce o sarcófago ten agora forma de arco oxival e, posteriormente, coa chegada do Renacemento, de medio punto. En canto ao sarcófago, sobre a súa tapa colócase, a partir dun momento dado, o corpo xacente do defunto; en casos excepcionais, o corpo represéntase en posición orante. Nos estilos gótico flamíxero, plateresco, renacentista e manierista o arcosolio decórase con gran profusión de detalles.

Domenico Fancelli recupera esta tipoloxía e como exemplo en España pódese mencionar o monumento funerario que realizou para o cardeal Diego Hurtado de Mendoza y Quiñones, que se atopa na Catedral de Sevilla. Foi realizado en Italia e trasladado e montado por pezas.

Dous dos mellores sepulcros baixo arcosolio españois son os do infante Afonso, irmán de Isabel a Católica, que foi realizado no século XV por Gil de Siloé na Cartuxa de Miraflores (Burgos) e o do Doncel de Sigüenza (Guadalaxara).

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arcosolio


Elementos da arquitectura eclesiástica
Áreas: Ábsida | Absidiola | Adro | Claustro | Coro | Cruceiro | Deambulatorio | Nártex | Nave | Presbiterio | Sancristía | Transepto
Exterior: Arcobotante | Arquitrabe | Arquivolta | Cabeceira | Campanario | Canzorro | Chapitel | Contraforte | Espadana | Fachada | Gárgola | Nicho | Pináculo | Portada | Porta | Tiburio | Tímpano | Xamba
Interior: Altar | Arcada | Bóveda | Capitel | Ciborio | Columna | Cruxía | Cuncha | Cúpula | Galería | Hemiciclo | Imaxinería | Mosaico | Pavimento | Piar | Retablo | Rosetón | Tribuna | Triforio | Vitral
Outros: Arco | Baixorrelevo | Cogullo | Florón | Gablete | Lobo | Tramo | Trazaría