Antigo Testamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biblia hebrea ou
Antigo Testamento
para máis detalles vexa Canon bíblico
Os xudeos, protestantes, católicos romanos, e ortodoxos:

Estes cinco primeiros libros son os que forman a Torah (para os xudeos) ou Pentateuco para os cristiáns.

Os católicos romanos e os ortodoxos inclúennos, mais os xudeus e os protestantes exclúen:
Os ortodoxos (Sínodo de Xerusalem) inclúen:
Os ortodoxos rusos e etíopes inclúen:
A Biblia ortodoxa etíope inclúe:
A Biblia siríaca (peshitta) inclúe:

O Antigo Testamento ou as Escrituras Hebreas (tamén chamadas a Biblia Hebrea) é a primeira parte da Biblia cristiá, que explica a historia desde a creación da Terra ata última profecía da vida do mesías, realizada 400 anos antes da era cristiá. Os xudeus, porén, utilizan o nome Tanakh para referírense ao Antigo Testamento, e aínda que contén os mesmos libros que o Antigo Testamento canónico cristián, non coincide na orde nin no nome destes.

A designación "Antigo Testamento" provén do grego ῾Η Παλαιά Διαθήκη, he Palaiá Diathéke, que significa "antigo pacto", en referencia ao antigo pacto de Deus coa humanidade (principalmente co pobo elixido de Israel) por medio do que viría o mesías a salvalos.

Índice

[editar] Canon do Antigo Testamento

O Antigo Testamento, na versión cristiá, está formado por 39 libros (que coinciden cos 24 libros do Tanakh xudeu), os cales foron aceptados polas autoridades da igrexa o século IV. Estes libros constitúen o canon das escrituras do Antigo Testamento, e por iso, son chamados libros canónicos. Estes son os libros categorizados de acordo aos estudos teolóxicos cristiáns: (Para ver as categorizacións usadas polo xudaísmo, ver o artigo do Tanakh).

[editar] Pentateuco

O Pentateuco ou a Torá son os cinco primeiros libros do Antigo Testamento, escritos por Moisés:

[editar] Libros históricos

[editar] Libros sapienciais

[editar] Libros proféticos

[editar] Libros dos profetas maiores

[editar] Libros dos profetas menores

[editar] Libros deuterocanónicos

Ao longo da Idade Media, a Igrexa Católica e a Igrexa Ortodoxa aceptaron de facto diversos libros máis. No século XVI, os protestantes opúñanse a aceptaren a autoridade divina destes libros durante a Reforma, e non os incluíron nas traducións da Biblia ás linguas do pobo. A Igrexa Católica declarou, entón, a autoridade e a inspiración divina destes libros e incorporounos ao canon. Por iso, chámanse libros deuterocanónicos, que en grego quere dicir "segundo canon". Os anglicanos tamén os utilizan. Estes libros son:

[editar] Libros perdidos

Hai libros mencionados no Antigo Testamento como parte da Biblia pero que non se conservan (ou ben son falsos, hai disputa sobre eles). Estes son:

  • Libro de Xasher.
  • Libro das Guerras.
  • Libro de Shemaiah.
  • Actos de Salomón.
  • Libro de Nathan
  • Anais do Rei David
  • Actos de Samuel
  • Libro de Gad
  • Profecía de Ahijah
  • Profecía de Iddo
  • Libro de Xehu
  • Actos de Azariá
  • Queixumes de Xosía
  • Crónicas do rei Ahasuerus

[editar] Linguas e traducións

O xudaísmo utiliza a Tanakh tamén chamada Biblia Hebrea, que equivale ao Antigo Testamento e non recoñece os libros do Novo Testamento. A Tanakh está escrita case toda en hebreo, aínda que hai pequenas porcións en arameo.


A versión utilizada polos primeiros cristiáns foi a [[Septuaginta]|Versión dos Setenta]] (Septuaginta), unha tradución grega que os xudeus da Dispersión utilizaban habitualmente naquela época.

O Antigo Testamento cristián é bastante parecido á Tanakh hebrea, con algunhas diferenzas de contido:

[editar] Historia

A Igrexa cristiá primitiva utilizou a Septuaginta, a versión grega máis antiga da Biblia, como mínimo, ata mediados de do século IV. Ata ese momento o grego foi un dos principais idiomas do Imperio Romano e a lingua da Igrexa a excepción do siríaco utilizado pola comunidade siria na Peshitta e a Igrexa etíope, que utilizou a lingua ge'ez). Ademais, os Pais da Igrexa tenden a aceptaren a Filón de Alexandría en lugar da Septuaginta.

Cando San Xerome fixo a súa revisión da Vetus Latina arredor do ano 400, comparou a Septuaginta co texto hebreo. E chegou á conclusión de que o texto hebreo era un mellor testemuño de Cristo que a Septuaginta. do prólogo a Xénese El rompeu coa tradición da igrexa e traduciu o Antigo Testamento da súa Vulgata do hebreo en vez do grego. A súa elección foi duramente criticada por Agostiño de Hipona, contemporáneo seu, e outros que consideraban a Xerome como un falsario. Pero co paso do tempo, a aceptación da versión de Xerome vai aumentado gradualmente nas igrexas do oeste ata que desprazou á Vetus Latina da Septuaginta. [1]

O texto hebreo difire nalgunhas pasaxes, pero os cristiáns prefiren a Septuaginta porque profetiza mellor a Cristo. As Igrexas Ortodoxas Orientais utilizan a Septuaginta como base para a tradución do Antigo Testamento a outros idiomas. A Igrexa Ortodoxa de Constantinopla, a Igrexa de Grecia e a Igrexa Ortodoxa chipriota continúana utilizando hoxe na súa liturxia.

Os Manuscritos do mar Morto, en particular os escritos en arameo, correspóndense máis fielmente coa Septuaginta que co texto hebreo.

[editar] Véxase tamén

[editar] Notas

  1. Ernst Würthwein,O texto do Antigo Testamento,transeuropeas. Errol F. [Rhodes], Grand [Rapids], Michigan: [Eerdmans], 1995.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas