Afonso IX

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monarcas de Galicia
Reis de Galiza2.jpg

Reis suevos

Reis visigodos

Señores territoriais

Reis desde Oviedo

Reis desde León

Reis de Galicia e León

Reino de Galicia

Afonso IX, nado en Zamora en 1171 e falecido en Sarria en 1230, foi rei de León e Galicia (rex Legionensivos et Gallecie) entre os anos 1188 e 1230.

Traxectoria [editar]

Segundo a numeración cronolóxica real da coroa leonesa, debería ser coñecido como Afonso VIII de León, pero a súa denominación co ordinal IX é a utilizada máis habitualmente pola historiografía española para distinguilo do seu homónimo e coetáneo de Castela que reinou entre 1158-1214.

Miniatura románica de Afonso VIII, rei de Galicia e León. Na parte superior apreciase a súa titulación orixinal, Rex Legionensium et Gallecie e na inferior o león púrpura símbolo da monarquía galaico-leonesa.

Fillo de Fernando II e da princesa Urraca de Portugal. Enfrontouse á súa madrasta e ao seu medio irmán pola coroa de León. Para facer máis forte o seu dereito ao trono convoca a Curia Rexia e recibe o apoio do clero, os nobres e as autoridades. Foron as primeiras Cortes xa que participaron de xeito pioneiro os representantes das cidades.

En 1218 funda, xunto co seu fillo, a Universidade de Salamanca.

Tumba do Rei Afonso IX en Santiago.

Celebrou a solemne consagración da catedral de Santiago de Compostela, o 20 de abril de 1211, que aínda se conmemora hoxe en día.

Continuou o pulo aos burgos concedendo foros a cidades como Baiona, A Coruña, O Burgo de Castro Caldelas, Betanzos, Melide, Triacastela e outros lugares.

Os seus dous "estratéxicos" matrimonios (coa súa curmá Teresa de Portugal en 1196 e coa súa sobriña Berenguela de Castela en 1204) foron anulados polo Papa debido á consanguinidade coas súas esposas.

Tras romper con Berenguela céntrase na rivalidade do seu reino co de Castela. En 1217 a súa ex-esposa abdica sobre o fillo de ambos, Fernando III o Santo, polo que este se traslada xunto á súa nai a gobernar o reino castelán. É entón cando se centra en combater os musulmáns. As súas conquistas máis importantes son en Estremadura: Cáceres (1229), Mérida e Badaxoz (1230).

Á súa morte, acontecida en 1230, deixa o seu reino a Sancha e Dulce, fillas do seu primeiro matrimonio, pero finalmente é Fernando III o Santo, fillo do seu matrimonio con Berenguela, o que reina en León e o une con Castela definitivamente nunha soa coroa.

Afonso IX
Nacemento: 15 de Agosto 1171 Falecemento: 23 de Setembro 1230


Títulos Reais
Precedido por
Fernando II


Rei de Galiza
1188 – 1230


Sucedido  por
Fernando III
Rei de León
1188 – 1230


Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

  • López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1