Colexio de San Xerome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°52′48″N 8°32′44″W / 42.88°N 8.54556°W / 42.88; -8.54556

O Colexio de San Xerome.
Portada do Colexio de San Xerome.

O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela, sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.

Índice

[editar] Historia

Este colexio maior era, en orixe, unha fundación do arcebispo compostelán Alonso de Fonseca, terceiro dese nome, con intención de dedicalo a colexio de estudantes pobres e artistas, que se localizaba no denominado Hospicio da Azabachería. Dependía do Colexio de Fonseca.

Durante o século XVII, en 1652, decidiuse trasladalo desa localización. Para iso edificouse un novo edificio, na entón chamada praza do Hospital ( por situarse nela o Hospital dos Reis Católicos), a actual praza do Obradoiro. Até hai poucos anos atribuíanse os planos ao arquitecto Bartolomé Fernández Lechuga (así Chamoso Lamas), e o patio ao prestixioso José de la Peña Toro; mais na actualidade debe dicirse que descoñecemos quen foi realmente o autor da edificación.

Estaba dotado dun vicerreitor e tres profesores. Desapareceu como colexio maior en 1840.

[editar] Descrición

O resultado foi un edificio de liñas puras e apenas dous corpos de altura, no que se insertou o pórtico medieval, proveniente do devandito Hospicio, que até aquela altura acollía o colexio, que se acostuma datar entre 1490 e 1500. Este elemento arqueolóxico, foi mal interpretado en anos pasados, ao tomarse por unha longa persistencia de hábitos construtivos dos mestres arquitectos galegos e proba do arraigo da arte románica na Galiza.

[editar] Usos

Durante boa parte do século XX, foi sede da Escola Normal de Maxisterio. Desde os anos 1980, e xunto co pazo de Fonseca, alberga o Reitorado da Universidade de Santiago.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas