Terracota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Sarcófago dos esposos, elaborado en terracota pintada.

A terracota (do italiano terra cotta "terra cocida") é a arxila modelada e endurecida ao forno, fundamento dos traballos de cerámica, utilizada tanto para recipientes como para a realización de esculturas e decoración arquitectónica. Ata en Etruria, durante os séculos III e II a.C., utilizouse para a elaboración de sarcófagos. En Merimde foi empregada desde o cuarto milenio a.C.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Desde os tempos máis remotos, a arxila foi para o home o material máis importante para elaborar obxectos. Abunda na natureza e é fácil de modelar simplemente coas mans, sen necesidade de utensilios. A arxila é unha mestura de minerais cunha pequena cantidade de sustancias orgánicas.

Antes de que se inventase o torno, o home modelaba a arxila coas súas mans, preparando unha pasta que logo apertaba e lavaba para finalmente deixala decantar en pequenos recipientes. Unha vez feita esta operación, o amasillo presionábase ata darlle forma, ou ben enrolaba en espiral tiras de arxila. O torno veu a facilitar o traballo e axudou a perfeccionalo.

Se o obxecto require para a súa terminación engadir un asa ou un pitorro, estes elementos incorpóranse despois do traballo do torno. Unha vez terminada a peza, vén o proceso do secado durante o cal a terracota perde parte da auga. A continuación cócese nun forno especial que alcanza aos poucos unha temperatura de 1.300 a 1.400 graos. A masa vólvese máis dura e compacta. Unha vez terminada a cocción, déixase arrefriar amodo.

Para a realización deste traballo empréganse estes utensilios: torno, forno, varillas e matrices. Coas varillas fanse os acabados e os relevos cando a arxila está aínda branda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Foxe, Antonella. Técnicas y materiales de arte. Editorial Electa, Barcelona 2004. ISBN 84-8156-377-3

Outros artigos[editar | editar a fonte]