Xacob

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xacob
Nacementoc. 1791 a. C.
Lugar de nacementoCanaán
Falecementoc. 1644 a. C.
Lugar de falecementoAntigo Exipto
SoterradoTúmulo dos Patriarcas
EtniaHebreos
Ocupaciónpastor de ovelhas
PaiIsaac
NaiRebeca
CónxuxeLea, Raquel, Bila e Zilpa
FillosSimeão, Judá, Issacar, Zebulom, Dina, Xosé, Benjamim, Aser, Naftali, Gade, Dã, Rúben e Levi
IrmánsEsaú
editar datos en Wikidata ]
Este artigo trata sobre un personaxe bíblico, para o nome véxase Santiago (nome).

Xacob[1] foi un dos patriarcas hebreos, segundo as narracións da Xénese (ou Bereshit en hebreo). Ten como nome alternativo Israel.

A súa historia comeza coa inimizade co seu irmán, Esaú. Xacob consegue que el sexa o bendicido polo seu pai, Isaac. Xacob ten que fuxir e, tras uns estraños soños, cambia o seu nome polo de Israel, ou "o que loita con Deus". Xacob acaba facendo as paces co seu irmán, o cal interprétase como o respecto das fronteiras entre as tribos de Edom e de Israel, algo que se confirmará máis tarde cando os israelitas chegan á terra prometida.

Xacob foi pai de doce fillos e unha filla, das súas catro mulleres. Os doce fillos son os que formaron as coñecidas tribos de Israel. Esta estirpe organizouse por Hebrón e Nablús en cooperativas agrarias. Adicándose principalmente ó pastoreo de ovellas. A seguinte historia na que o patriarca participa é a que conta como o seu fillo Xosé foi vendido polos seus irmáns como escravo a Exipto. Xosé consegue facerse co cargo de vicerrei no goberno do rei de Exipto, perdoa aos seus irmáns e trae a súa familia para Exipto, para fuxir da fame de Canaán, o cal constitúe o final do libro da Xénese.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos, ed. (1989). "Xénese 25:26". A Biblia. p. 31. Despois, agarrado do calcañar de Esaú, saíu seu irmán. E chamáronlle Xacob