Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diocese de Mondoñedo-Ferrol
Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis
MondonhedoCatedral.jpeg
Datos xerais
Erección 1114
(diocese de Mondoñedo)
1959
(cambio de nome)
Sufragánea de Santiago de Compostela
Información
Igrexa particular Igrexa Latina
Igrexa Igrexa Católica
Ritos Rito romano
Xerarquía
Papa Francisco
División eclesiástica de Galicia. Moitos dos seus arciprestados fan referencia a entidades étnicas prerromanas, como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos.

A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé sufragánea da Arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes. O actual bispo é Manuel Sánchez Monge.

Territorio[editar | editar a fonte]

A diocese está situada na parte máis setentrional de Galicia. O seu territorio ten 4.425 km² e subdivídese en 424 parroquias agrupadas en 7 arciprestados, pertencentes a 27 concellos da provincia de Lugo e 13 da provincia da Coruña. A sé episcopal sitúase na cidade de Mondoñedo, onde está a Catedral de San Martiño e a Basílica da Asunción. Na cidade de Ferrol encóntrase a segunda sé episcopal (Domus Ecclesiae), atopándose tamén a Concatedral de San Xiao.

Historia[editar | editar a fonte]

A diocese de Bretoña ou Britonia fundouse no século VII, ocupando parte do territorio da Arquidiocese de Lugo, da que foi sufragánea ao principio. Tras a reconquista, no século IX, a sé foi restablecida e levada a San Martiño de Mondoñedo.

En 1071 pasou a ser sufragánea da arquidiocese de Braga e o 27 de febreiro de 1120 convértese en sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No século XII a sé cambiou a Vilamaior e a finais do mesmo século pasou a Ribadeo, para volver, definitivamente de novo a Mondoñedo en 1219.

O 19 de marzo de 1959 toma o nome actual.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

A finais de 2004 a diocese tiña 286.097 bautizados nunha poboación de 288.998 persoas, o que supón o 99 % do total.

ano poboación sacerdotes diáconos relixiosos parroquias
bautizados total % total clero
secular
clero
regular
bautizados por
sacerdote
homes mulleres
1950 320.750 321.400 99,8 387 345 42 828 66 174 401
1970 348.000 0,0 312 274 38 0 53 540 420
1980 325.900 327.000 99,7 319 294 25 1.021 33 476 421
1990 340.000 342.000 99,4 244 217 27 1.393 35 406 424
1999 355.000 360.000 98,6 227 209 18 1.563 23 302 424
2000 357.000 362.000 98,6 222 205 17 1.608 22 287 424
2001 358.000 364.000 98,4 223 209 14 1.605 21 296 420
2002 360.000 366.000 98,4 225 214 11 1.600 19 225 424
2003 298.073 301.095 99,0 200 183 17 1.490 35 258 426
2004 286.097 288.998 99,0 204 181 23 1.402 29 303 426

Bispos da diocese[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia, estes foron os bispos que tivo a diocese nas súas diferentes sedes:

Sé de Bretoña[editar | editar a fonte]

Sé de San Martiño de Mondoñedo[editar | editar a fonte]

  • Sabarico I (866–877)
  • Rosendo I (877–907)
  • Sabarico II (907–922)
  • Recaredo (923)
  • Rosendo de Celanova (923–942)
  • Teodomiro (969?)
  • Armentario (983–1011)
  • Suario I (1015–1022)
  • Nuno I (1025–1027)
  • Adulfo (¿?)
  • Albito (1040?)
  • Suario II (1058–1071)
  • San Gonzalo (1071–1112)
  • Nuno Alfonso (1112–1136)

Sé de Vilamaior[editar | editar a fonte]

Sé de Ribadeo[editar | editar a fonte]

Sé de Mondoñedo[editar | editar a fonte]

Sé de Mondoñedo-Ferrol[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]