As Orfas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°52′41″N 8°32′36″W / 42.87806°N 8.54333°W / 42.87806; -8.54333

Interior da igrexa.

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Historia[editar | editar a fonte]

O conxunto localízase no número 5 da rúa das Orfas, na parte oriental da cidade vella, e está formado por un convento, unha igrexa e un colexio, que foron construídos a comezos do século XVII para dar aloxamento e educación ás nenas desamparadas da cidade. O seu impulsor foi o arcebispo San Clemente, e posteriormente foi modificada por Domingo de Andrade e Fernando de Casas Novoa.

Plano do conxunto.

A igrexa foi construída posteriormente, no ano 1671, por Melchor de Velasco. No seu interior alberga un altar maior de estilo rococó, feito por Francisco de Lens, no que destaca unha imaxe da Inmaculada obra de José Gambino, localizada entre San Xosé e Santiago, feita en 1756.

Na actualidade, o convento é a sé do Colexio Nosa Señora dos Remedios, se ben popularmente segue a chamárselle As Orfas. A igrexa, pola súa banda, está aberta ao público todos os días de 8:45 a 14:30 e de 17:30 a 19:30. Nela ofícianse misas do culto cristián diariamente.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]