813
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Calendario gregoriano | 813 DCCCXIII |
| Ab urbe condita | 1566 |
| Calendario armenio | 262 |
| Calendario chinés | 3509 – 3510 |
| Calendario hebreo | 4573 – 4574 |
| Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
868 – 869 735 – 736 3914 – 3915 |
| Calendario persa | 191 – 192 |
| Calendario musulmán | 197 – 198 |
| Calendario rúnico | 1063 |
Índice |
Acontecementos [editar]
Europa [editar]
- O bispo Teodomiro descobre o sepulcro do |Apóstolo Santiago (data tradicional, a data real seguramente fora entre o 820 e o 830).
- 22 de xuño - O emperador bizantino Miguel I é derrotado polos búlgaros liderados polo khan Krum en Versinikia.
- Os búlgaros conquistan Adrianópole e cercan Constantinopla.
- León V o Armenio coroado emperador de Bizancio tras unha revolta (Miguel I faise monxe). Comeza o Segundo Período Iconoclasta.
- No Terceiro Concilio de Tours os sacerdotes receben a orde de predicar en vernáculo (latín vulgar ou alemán)
- Luís o Piadoso coroado co-emperador dos francos co seu pai Carlomagno en Aix-la-Chapelle.
Islam [editar]
- Os francos derrotan aos árabes en Barcelona.
- Os mouros saquean Nisa.
- Al-Amin, sexto califa abbásida e fillo de Harun al-Rashid, morre durante a tentativa de fuga de Bagdad, cercado polo seu irmán al-Mamun.
- Al Mamon abre a escola de astronomía de Bagdad.
Nacementos [editar]
- Donald I de Escocia, rei entre 858 e 863.
- Data posíbel - Teófilo, emperador do Imperio Romano Oriental (m. 842).
Mortes [editar]
- Posibelmente Abu Nuwas, poeta persa en lingua árabe