Viola
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
|
A viola é un instrumento musical de corda fretada pertencente á familia do violín, cun tamaño e rexistro entre o violín e o violonchelo, situado nunha oitava por riba do violonchelo e unha quinta por baixo do violín. Conta con catro cordas afinadas a unha distancia de quinta xusta, sendo estas La (I), Re (II), Sol (III) e Do (IV), ou Do2, Sol3, Re4 e La4. Tócase xeralmente fregando un arco coas cordas para facelas vibrar, se ben tamén se poden puntear as cordas cos dedos para facelas soar.
A música escrita para a viola adoita estar escrita en clave de do, mais para os rexistros máis agudos emprégase a clave de sol.