Xudas Tadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Xudas Tadeo
Stjudethaddeus.JPG

San Xudas Tadeo por Georges de La Tour (1615 - 1620).
Apóstolo e mártir
Biografía
Nacemento século I d.C. en Galilea, Palestina
Pasamento século I d.C. en Persia
Proceso de canonización
Veneración
Venerado/a en Igrexa Católica, Igrexa Ortodoxa Igrexa Copta, Comuñón Anglicana, Umbanda, Igrexa Luterana.
Festividade 28 de outubro
(Igrexas Occidentais)
19 de xuño
(Igrexas Orientais)
Santuario principal Basílica de San Pedro, en Roma; Catedral de Reims e Catedral de Toulouse, en Francia. Venerado na catedral de Tui.
Atributos Machado; Maza; barco; remo; medallón
Patrón/a de causas desesperadas; das causas perdidas; de Armenia; dos hospitais.

San Xudas Tadeo é un santo cristián e un dos doce apóstolos de Xesús de Nazaret. Os seus outros nomes son Tadeo, Xudas Lebeo e Xudas, irmán de Santiago o Menor. Tamén coñecido como San Tadeo (Θαδδαῖος, transl. Thaddæus ou Thaddaeus en diferentes versións da Biblia), e como San Matfiy (Фаддей, он же Иуда Иаковлев или Леввей, en ruso) na tradición ortodoxa rusa (xunto con San Xudas). Ás veces identifícase como Xudas, irmán de Xesús, mais cómpre non confundilo con Xudas Iscariote, o outro apóstolo, que traizoou a Xesús Cristo.

A Igrexa Apostólica Armenia honra a Tadeo xuntamente con San Bartolomeu como santo padroeiro e responsábel por ter levado o Cristianismo á Armenia. É o santo patrono das causas desesperadas e das causas perdidas na Igrexa Católica.

O atributo de San Xudas é a maza ou mallo. Tamén acostuma aparecer nas iconas cunha lapa á volta da cabeza, que representa a sua presenza durante o Pentecoste, cando recibiu o Espírito Santo xuntamente cos outros doce apóstolos. Outro atributo común é ver a Xudas Tadeo cunha imaxe de Xesús Cristo, a imaxe de Edesa. Nalgunhas ocasións leva un rolo ou un libro (supostamente a Epístola de Xudas) ou unha regra de carpinteiro.

Identidade[editar | editar a fonte]

Procesión de San Xudas Tadeo en Lima, Perú

Posíbel identificación con Xudas, irmán de Xesús[editar | editar a fonte]

Xudas é claramente distinto de Xudas Iscariote, outro discípulo que sería o traidor de Xesús. Xudas é unha tradución do nome Ιούδας do orixinal grego do Novo Testamento, o que á súa vez é unha variante de Xudá, un nome moi común entre os xudeus da época.

"Xudas, fillo de Santiago" ou "Xudas de Santiago" (na Vulgata, ''Iudam Iacobi' et Iudam Scarioth qui fuit proditor')[1] é mencionado só dúas veces no Novo Testamento: nas listas apostólicas de Lucas, no Evanxeo e nos Feitos dos Apóstolos[2]. O Evanxeo de Xoán tamén menciona unha vez - (Xoán, capítulo = 14, verso = 22) un discípulo chamado "Xudas (non o Iscariote)", o que xeralmente é identificado coma Xudas Tadeo[3], aínda que algúns estudiosos vexan esta identificación incerta[4]. A frase "Xudas de Santiago" pode igualmente ser entendida como unha relación entre irmáns ou de pai e fillo e, por iso, as opinións se dividen sobre que Xudas, o apóstolo, podería ser a mesma persoa que Xudas, irmán de Xesús, que é mencionado en Marcos 6:3 e Mateo 13:55-57 (xuntamente con outros irmáns, inclusive Santiago, o Xusto), considerado pola tradición como o autor da Epístola de Xudas[5]. Algúns católicos cren que os dous Xudas son a mesma persoa [6], mentres que os protestantes non.

Posíbel identificación con Tadeo[editar | editar a fonte]

Nas listas apostólicas de Mateo e Marcos[7], non se fala de Xudas, mais de Tadeo (ou, nalgúns manuscritos de Mateo 10:3, "Lebeus, de sobrenome Tadeo"). Isto levou a moitos cristiáns desde os primeiros anos a harmonizar as listas propondo un "Xudas Tadeo", coñecido por ambos os nomes. Esta proposta se torna aínda máis plausíbel polo feito de que "Thaddeus" parece ter sido un apelido. Unha complicación adicional está no feito de que o nome "Xudas" foi manchado por Xudas Iscariote. Xa se argumentou que por iso non é sorprendente que Marcos e Mateo se refiran a el con outro nome[8].

Algúns estudiosos bíblicos rexeitam esta teoría, porén, defendendo que Xudas e Tadeo non son a mesma persoa[9]. Outros entón propuxeron teorías alternativas para explicar a discrepancia: unha substitución dun polo outro incluso durante o ministerio de Xesus por mor dunha suposta morte[9]; a possibilidade que "doze" seria um número simbólico ou uma estimativa[10] ou simplemente que os nomes non foron preservados de forma exata pola igrexa antiga[11].

Tadeo, o apóstolo, xeralmente crese distinto de Tadeo de Edesa, un dos Setenta Discípulos.

Tradición e lenda[editar | editar a fonte]

Mosteiro de San Tadeo, no Irán.

A tradición conta que San Xudas predicou o Evanxeo na Xudea, Samaria, Idumeia, Siria, Mesopotamia e Libia antiga. Crese tamén que visitou Beirut e Edesa na Mesopotamia, malia que o emisario desta última misión sexa tamén identificado por outras fontes como Tadeo de Edesa, un dos Setenta. A súa morte ocorrería xunto coa de Simón, o zelote na Persia, onde terían sido martirizados.

A lenda dá ademais datos de que San Xudas tería nacido dunha familia xudaica en Paneas, unha cidade na Galilea que, cando foi posteriormente reconstruída polos romanos, foi renomeada como Cesareia de Filipe. É probábel que falase tanto grego coma aramaico, e, ao igual que os seus contemporáneos naquela rexión, que era labrego de profesión. Ademais, segundo a lenda, San Xudas era fillo de Cleofas e a súa esposa, María, unha irmá da Virxe María. Esta mesma tradición afirma que seu pai fora asasinado pola súa devoción aberta e sen restricións a Cristo resucitado.

Aínda que San Gregorio, o Iluminador é considerado o "Apóstolo dos Armenios", cando Xudas Tadeo bautizou o rei Tiridates III da Armenia en 301 d.C., convertiu os armenios e os apóstolos Xudas e Bartolomeu, considérase que foi el quen levou o cristianismo a Armenia e, por iso, todos eles son venerados como santos padroeiros pola Igrexa Apostólica Armenia. Ligada a esta tradición están os mosteiros de San Tadeo (hoxe no norte do Irán) e o San Bartolomeu (hoxe no sueste de Turquía), ambos os dous construídos no que entón era parte da Armenia (provincia romana).

As súas reliquias atópanse supostamente na Basílica de San Pedro, en Roma, a onde foron trasladadas e onde son veneradas até hoxe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lucas 6:16 em latim
  2. Modelo:Citar bíblia e Modelo:Citar bíblia
  3. Veja Commentary on John 14:22, Expositor's Bible Commentary CDROM, Zondervan, 1978 (en inglés)
  4. Modelo:Citar livro
  5. Modelo:Citar livro
  6. Modelo:1913CE
  7. Modelo:Citar bíblia e Modelo:Citar bíblia
  8. Por exemplo em Modelo:Citar livro
  9. 9,0 9,1 Modelo:Citar livro- "A imaginação cristã foi rápida em harmonizar e produzir um 'Judas Tadeu', algo que não tem base na realidade". Veja também Modelo:Citar periódico
  10. Modelo:Citar livro
  11. Modelo:Citar livro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]