Praza da Quintana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Quintana.
Vista da Praza: ó fondo a escalinata.

A praza da Quintana é unha praza simbólica de Santiago de Compostela, formada pola confluencia da fachada sur do transepto da catedral de Santiago, a casa da Parra, o Convento de San Paio de Antealtares e a casa da Conga. Está dividida por unhas escalinatas, que separan a chamada Quintana de vivos da Quintana de mortos.

É moi utilizada en eventos públicos de carácter reivindicativo (manifestacións do día das letras galegas, día da Patria, manifestacións ou conmemoracións de Nunca Máis, etc.) ou lúdico, especialmente grandes concertos populares.

Nos canzorros do alto da Casa da Parra hai unha cámara web da CRTVG, que renova a imaxe cada dous segundos e abrangue aproximadamente un ángulo de visión de 90º.

Nela unha placa lembra a xesta do Batallón Literario durante a Guerra da Independencia Española co seguinte texto:

A LOS HÉROES

DEL BATALLÓN LITERARIO DE 1808.' LOS ESCOLARES COMPOSTELANOS DE 1896

Y LOS AYUNTAMIENTOS DE 1822, 1865 Y 1896

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas