Giacomo Barozzi da Vignola
Giacomo (ou Jacopo) Barozzi da Vignola, frecuentemente chamado simplemente Vignola (1 de outubro, 1507 - 7 de xullo, 1573) foi un dos grandes arquitectos manieristas do século XVI. As súas dúas obras mestras foron a Villa Farnese en Caprarola e a Chiesa del Gesù en Roma, nesta obra seguindo as ideas realizadas por Leone Battista Alberti en Sant'Andrea de Mantua, Vignola constrúe un templo cheo de contrastes, relaciona unha nave lonxitudinal cuberta cuha gran bóveda de canón coa planta central de gran cruceiro, non obstante as capelas laterais vense reducidas a pequenos nichos. Outro contraste manierista prodúcese na iluminación do templo: desde a luz taminizada da nave, que provén das capelas laterais, á maior escuridade do tramo que antecede ó cruceiro e, finalmente, á explosión luminosa do espazo baixo da cúpula.
Obras [editar]
Entre as obras principais de Vignola cóntanse:
- O Palazzo Bocchi, Boloña (1545).
- Tribuna en San Petronio, Boloña (1547/48).
- O Palazzo dei Banchi, Bologna (1565–1568).
- A Villa Giulia para o papa Xulio III., na que traballou xunto a Giorgio Vasari (1550–1555).
- A Villa Farnese en Caprarola (1559–1573).
- A Fontana Papacqua, en Soriano nel Cimino (1562).
- Villa Lante, en Bagnaia (desde 1566), con os xardíns, os xogos acuáticos e os Casini.
- O templo de Il Gesù, en Roma, igrexa-madre dos xesuítas, en cuxa fachada anticipou o camiño a seguir para as igrexas barrocas do século XVII.
- A igrexa de Sant' Andrea in Via Flaminia, en Roma, o primeiro edificio sacro con planta oval, que constitúe tamén un modelo para o barroco.