Diocese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución das dioceses en Galicia.
División eclesiástica de Galicia. Moitos dos seus arciprestados fan referencia a entidades étnicas prerromanas como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos.

Diocese ou bispado é o distrito ou territorio cristián en que ten e exerce xurisdición eclesiástica un prelado: arcebispo, bispo, etc. Polo tanto é un sinónimo de bispado ou arcebispado. As dioceses agrúpanse en provincias eclesiásticas e subdivídense en arciprestados. En Galiza hai 5 bispados da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela:

  • Santiago de Compostela (que é ademais arquidiocese ou arcebispado, con 48 arciprestados e 1071 parroquias).
  • Mondoñedo-Ferrol (16 arciprestados e 423 parroquias).
  • Tui-Vigo (16 arciprestados en 1994, 20 na actualidade, e 276 parroquias).
  • Lugo (28 arciprestados e 1136 parroquias).
  • Ourense (43 arciprestados en 1994, e 28 na actualidade, e 735 parroquias).

Hai ademais na Galiza territorial de administración política dous anacos que pertencen a outras dúas dioceses que non están completamente en Galiza:

  • Astorga (cinco arciprestados do oriente ourensán).
  • Oviedo (unhas poucas parroquias do oriente lugués).

O nome provén de tempos dos romanos, xa que se lle daba o nome de diocese ás divisións administrativas posteriores ao século III.

Un templo pertence a unha parroquia. Varias parroquias agrupadas pertencen a un decanato, os cales agrupados pertencen a unha diocese. As diocese pódense agrupar, á súa vez, en provincias eclesiásticas, á cabeza da cal áchase unha arquidiocese (tamén chamada arcebispado).

O termo diocese é utilizado por distintas denominacións cristiás, sendo a máis estendida a igrexa católica. Así a todo, outras igrexas cristiás (non todas) utilizan o mesmo sistema xerárquico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Divisións territoriais católicas
advocación | parroquia | santoral
arcebispado ou arquidiocese | arciprestado | bispado ou diocese | prelatura | provincia eclesiástica | vigairía ou vicariato